Götterdämmerung
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Götterdämmerung O ocaso dos deuses |
|
|---|---|
Alberich falando con Hagen, por Arthur Rackham (1912). |
|
| Forma | Drama musical |
| Actos e escenas | 3 actos e un prólogo |
| Alemán | |
| Libretista | Richard Wagner |
| Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
| Estrea | 17 de agosto de 1876 |
| Teatro da estrea | Bayreuth Festspielhaus |
| Lugar da estrea | Bayreuth |
| Duración | 5 horas |
| Música | |
| Compositor | Richard Wagner |
| Personaxes | |
|
Siegfried (tenor heroico) |
|
Götterdämmerung (en galego O ocaso dos deuses, ou literalmente O crepúsculo dos deuses) é unha ópera en 3 actos cun prólogo, con música e libreto de Richard Wagner. É a última das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Foi estreada no Bayreuth Festspielhaus de Bayreuth o 17 de agosto de 1876, dentro da primeira representación completa da tetraloxía.
O título é unha tradución ao alemán da expresión Ragnarök, que en antigo nórdico e no contexto da mitoloxía xermánica se refería á profetizada guerra entre os deuses que conduciría á fin do mundo. Sen embargo, como no resto das óperas do ciclo, a narración da apocalipse que fai Wagner, difire significativamente das antigas fontes nórdicas.
É a terceira xornada do anel chamada "Götterdammerung". Aquí os personaxes mitolóxicos que sostiveron a acción das xornadas anteriores ceden o seu posto aos homes, que prosiguen na terra a loita iniciada na segunda escena de Das Rheingold, ao saber Wotan, polo relato de Loge, da existencia dos tesouros do Nibelungo. O mesmo título mostra que, aínda que Wotan non aparece en escena, tamén aquí a acción principal é a que se desenvolve na alma do deus, e tanto a música (co leitmotiv de Wotan, o da súa lanza, e o do poder dos deuses) coma os relatos dos personaxes, nos lembran permanentemente a presenza do deus.
Esta ópera segue no repertorio, aínda que no está entre as más representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto nº 59 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 16ª en Alemaña e a oitava de Wagner, con 75 representacións.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 17 de agosto de 1876 (Director: Hans Richter) |
|---|---|---|
| Siegfried | tenor | Georg Unger |
| Brünnhilde | soprano | Amalie Materna |
| Alberich | barítono | Karl Hill |
| Hagen, seu fillo | bajo | Gustav Siehr |
| Gunther, medio irmán de Hagen | barítono | Eugen Gura |
| Gutrune, medio irmán de Hagen | soprano | Mathilde Weckerlin |
| Waltraute, valquiria irmá de Brünnhilde | mezzo-soprano | Luise Jaide |
| Primeira Norna | contralto | Johanna Jachmann-Wagner |
| Segunda Norna | mezzosoprano | Josephine Schefsky |
| Terceira Norna | soprano | Friederike Grün |
| Woglinde, filla do Rin | soprano | Lilli Lehmann |
| Wellgunde, filla do Rin | soprano | Marie Lehmann |
| Flosshilde, filla do Rin | mezzosoprano | Minna Lammert |
| Vasalos, mulleres | ||
Notas [editar]
- ↑ El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
Véxase tamén [editar]
|
|||||||