Tosca (ópera)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Tosca | |
|---|---|
Cartel orixinal. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Italiano | |
| Libretista | G. Giacosa e L. Illica |
| Fontes literarias | Victorien Sardou: La Tosca (melodrama) |
| Estrea | 14 de xaneiro de 1900 |
| Teatro da estrea | Teatro Costanzi |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 2 horas |
| Música | |
| Compositor | Giacomo Puccini |
| Personaxes | |
|
Floria Tosca (soprano lírico-spinto ou dramática) |
|
Tosca é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Foi estreada no Teatro Costanzi Roma o 14 de xaneiro de 1900 cun notable éxito. O texto da obra está baseado nun intenso drama, La Tosca, de Victorien Sardou, presentado en París en 1887, onde actuaba a gran actriz Sarah Bernhardt.
Tosca é considerada unha das óperas máis representativas do repertorio verista italiano pola súa intensidade dramática, violencia, e por conter algunhas das arias máis fermosas do repertorio. O argumento combina intriga, violencia e paixón. Xunto con Madama Butterfly e La Bohème, integra o trío de óperas máis coñecidas de Puccini.
Musicalmente, a obra mantense no estilo desenvolvido por Puccini ata o momento: continuidade do discurso musical, roto apenas por unha ou dúas arias. As escenas máis impactantes son o Te Deum do final do primeir acto, e as arias Vissi d'arte (para Tosca) e E lucevan le stelle (para Mario). Dramáticamente, o segundo acto é dunha intensidade inigualada por outra obra de Puccini.
La acción transcurre en Roma o 14 de xuño de 1800, cando Napoleón vence a Austria na batalla de Marengo.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 14 de xaneiro de 1900[2] (Director: Leopoldo Mugnone)[3] |
|---|---|---|
| Floria Tosca, unha célebre cantante | soprano | Hariclea Darclée |
| Mario Cavaradossi, un pintor | tenor | Emilio de Marchi |
| Baron Scarpia, xefe de policía | barítono | Eugenio Giraldoni |
| Cesare Angelotti, anterior Cónsul da República Romana | baixo | Ruggero Galli |
| Un sancristán | barítono | Ettore Borelli |
| Spoletta, un axente de policía | tenor | Enrico Giordano |
| Sciarrone, un xendarme | baixo | Giuseppe Gironi |
| Un carceleiro | baixo | Aristide Parassani |
| Un rapaz pastor | alto | Angelo Righi |
| Soldados, axentes de policía, monaguillos, nobles cabaleiros e damas, cidadáns, artesáns | ||
Notas [editar]
- ↑ El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ "Tosca: Performance history". http://opera.stanford.edu/Puccini/Tosca/history.html.
- ↑ Osborne, p. 115
Véxase tamén [editar]
|
|||||||