Robert Schumann
- Para ver o político, prema en Robert Schuman.
Robert Schumann, nado en Zwickau o 8 de xuño de 1810 e finado en Endenich, Bonn, o 29 de xullo de 1856, foi un compositor alemán da época do romanticismo e un dos músicos de maior sona na primeira metade do século XIX.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu como Robert Alexander Schumann na cidade alemá de Zwickau, no que hoxe é o Estado federal de Saxonia. De neno Schumann amosou as súas dotes musicais, aos 7 anos fixo as súas primeiras composicións.
O abandono da carreira de concertista [editar]
Preto de 1830 desexaba, por riba de todo, converterse nun virtuoso e admiraba a execución dos mais renomeados concertistas do seu tempo, como Paganini e Liszt. Schumann, de gran talento como pianista, empregouse a fondo nesa tarefa pero quixo o azar que deixara este camiño e fora finalmente un dos mais grandes compositores do seu século.
Hai varias historias de como mancou Schumann a súa man dereita en 1830, sendo a máis aceptada a que conta que pra fortalecer o cuarto dedo discorreu un aparato que, de feito, o que fixo foi inutilizalo completamente. Outras fontes citan a cirurxía errada e, tamén, os efectos secundarios da medicación para sífilis.
Deste ou doutro xeito, as esperanzas de Robert Schumann de arremedar aos virtuosos ou chegar a destacar como concertista, esvaecéronse.
Obra [editar]
Obras pra piano [editar]
- Papillons, Op. 2
- Estudios sinfónicos Op. 13
- Entroido Op. 9
- Sonatas (3)
- Kinderszenen Op. 15
- Fantasía Op.17
- Toccata Op.7
- Fantasiestücke Op. 12
- Kreisleriana, op. 16
- Humoresca Op. 20
- Novelletten, Op. 21
- Entroido de Viena Op. 26
- Arabeske, Op. 18
- Davidsbündlertänze, Op. 6
- Álbum para mocidade Op. 68
Concertos [editar]
- Concerto pra piano
- Konzertstück pra catro trompas
- Introdución e Allegro-Appassionato para piano
- Concerto para violonchelo
- Concerto para violín
Obras orquestrais [editar]
- Sinfonías (4)
- Obertura
Música de cámara [editar]
- Cuartetos pra cordas (3)
- Cuarteto pra piano
- Quinteto pra piano
- Fantasías pra piano, violín e violonchelo
- Andante e variacións pra dous pianos
- Tríos pra piano e cordas (3)
- Fantasías pra clarinete e piano
- Cinco pezas populares pra piano e violonchelo
- Romances pra oboe e piano
- Märchenbilder pra piano e viola
- Sonatas pra piano e violín (2)
- Märchenerzählungen pra clarinete, viola e piano
Música vocal [editar]
Moitas cancións e obras corais acompañadas de piano ou de orquestra, entre as que se atopan:
- Dichterliebe, Op. 48 (16)
- Gedichte, Op 35 (12)
- Myrten, Op. 25
- Lieder-Album für die Jugend, Op.79
- Szenen aus Goethes Faust
- soulaiman kacha