Turandot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turandot
Cartel da estrea no Teatro alla Scala de Milán.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaG. Adami e R. Simoni
Fontes literariasTurandotte (1762), obra teatral de Carlo Gozzi
Estrea25 de abril de 1926
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración1 horas 45 minutos
Música
CompositorGiacomo Puccinicompletada por Franco Alfano
Personaxes

Turandot (soprano dramática)
Calaf (tenor lírico-spinto)
Liù (soprano lírica)
Timur (baixo)
Altoum (tenor)
Ping (barítono)
Pong (tenor ligero)
Pang (tenor ligero)
Un mandarín (barítono)
O príncipe de Persia (tenor)
Nobles, nenos, sombras, populacho[1]

Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano. As posteriores representacións realizáronse coa partitura completa.

Unha das partes máis difíciles da ópera encóntrase no segundo acto e se inicia coa frase In questa reggia, cando Turandot explica a razón do seu comportamento. Musicalmente, esta parte exixe sobreagudos a cargo da soprano que, combinados coa capacidade wagneriana que require o personaxe, fana particularmente difícil. No terceiro acto se encontra unha das arias máis coñecidas para tenor, Nessun dorma, que representa a vitoria do amor sobre o odio, onde Calaf canta que ninguén durma para descubrir o nome do xove heroe. Outro aspecto musicalmente notable é o enfrontamento entre tenor e soprano, no segundo acto, que moitos comparan co que fixo antes Puccini en Tosca, tamén no segundo acto, cando enfronta as voces do barítono e a soprano, Scarpia e Tosca.

Turandot é un alcume persa que significa "a filla de Turan", sendo Turan unha rexión de Asia Central que formou parte do Imperio Persa. Segundo o experto na música de Puccini, Patrick Vincent Casali, o "t" final non debe soar na pronunciación desta palabra, e Puccini non a vai pronunciar (de acordo con Rosa Raisa, a primeira cantante en interpretar o papel protagonista) e, segundo as notas de Casali, a estrutura musical da meirande parte das entonacións do nome por parte de Calaf fan do son do t final case un imposible.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 25 de abril de 1926
(Director: Arturo Toscanini)
Princesa Turandot soprano Rosa Raisa
O emperador Altoum, seu pai tenor Francesco Dominici
Timur, o deposto rei de Tartaria baixo Carlo Walter
O príncipe descoñecido (Calàf), seu fillo tenor Miguel Fleta
Liù, unha escrava soprano Maria Zamboni
Ping, Lord Canciller barítono Giacomo Rimini
Pang, Mordomo tenor Emilio Venturini
Pong, Xefe da cociña imperial tenor Giuseppe Nessi
Un mandarín barítono Aristide Baracchi
O príncipe de Persia tenor Non mencionado no programa orixinal
O verdugo (Pu-Tin-Pao) papel mudo Non mencionado no programa orixinal
Gardas imperiais, os homes do verdugo, nenos, sacerdotes, mandaríns, dignatarios, oito homes sabios, doncellas de Turandot, soldados, portaestandartes, músicos, pantasmas dos pretendientes, público

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. pp. 394–395. ISBN 84-206-0284-1. 
  2. Para unha discusión sobre a pronunciación do nom, cf. The Pronunciation of Turandot: Puccini's Last Enigma, por Patrick Vincent Casali en Opera Quarterly (1997)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.