Cavalleria rusticana
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Cavalleria rusticana Cabaleirosidade rústica |
|
|---|---|
Cartel anunciando a ópera que se interpreta xunto con Zanetto. |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 1 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Giovanni Targioni-Tozzetti e Guido Menasci |
| Fontes literarias | Conto de Giovanni Verga |
| Estrea | 17 de maio de 1890 |
| Teatro da estrea | Teatro Costanzi |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 1 hora 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Pietro Mascagni |
| Personaxes | |
|
Santuzza (soprano dramática ou mezzosoprano) |
|
Cavalleria rusticana (en galego Cabaleirosidade rústica) é unha ópera verista nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en italiano de Giovanni Targioni-Tozzetti e Guido Menasci baseada nun conto de Giovanni Verga. Foi estreada o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma. Cavalleria rusticana segue a ser unha das óperas máis populares; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 27 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, seendo a 16.ª en italiano e a primeira de Mascagni.
Foi presentada nunha dobre función con Pagliacci de Ruggero Leoncavallo. As dúas óperas son demasiado curtas como para podelas representar xuntas nunha soa función. De feito, dende 1903 -cando se interpretou por primeira vez en Nova York- en tódolos escenarios do circuito operístico mundial adóitanse interpretar xuntas nun programa dobre chamado Cav/Pag.[2]
Ambientada na Sicilia de finais do século XIX, ten como protagonistas un rapaz que volta do servizo militar (Turiddu) e unha xove (Santuzza), que teñen un idilio (encendido por parte dela; de despecho por parte del, porque viu que se romperan os seus plans de voda con Lola, a promesa de toda a súa vida, que agora está casada con outro home).
O famoso intermezzo, foi empregado na banda sonora da película O padriño III, o desenlace da cal ten lugar tamén durante unha representación desta ópera no Teatro Massimo de Palermo . Tamén a obra é representada no tema principal do filme de Martin Scorsese Raging Bull.
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto o 17 de maio de 1890 Director: Leopoldo Mugnone |
|---|---|---|
| Santuzza (xove aldeana) | soprano | Gemma Bellincioni |
| Turiddu (aldeán de regreso do exército) | tenor | Roberto Stagno |
| Alfio (arriero) | barítono | Guadenzio Salassa |
| Lola (dona de Alfio) | mezzosoprano | Annetta Guli |
| Mamma Lucia (nai de Turiddu) | contralto | Federica Casali |
| Campesiños, nenos, arrieros, etc. | ||