Knyaz Igor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Князь Игорь, Knyaz' Igor'
O príncipe Igor
Princeigor.jpg
Forma Ópera
Actos e escenas 4 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libreto Ruso
Libretista O compositor.
Fontes literarias Sinopse dramática de Vladimir Stásov, baseada no Cantar das huestes de Igor
Estrea 4 de novembro de 1890
Teatro da estrea Teatro Mariinski
Lugar da estrea San Petersburgo
Duración 2 horas
Música
Compositor Aleksandr Borodín
(rematada por Nikolái Rimski-Kórsakov e Aleksandr Glazunov)
Personaxes

Ígor Sviatoslávich (barítono dramático)
Yaroslavna (soprano dramática)
Vladímir Yaroslávich (baixo)
Vladímir Ígorevich (tenor lírico-spinto)
Konchak (baixo)
Konchákovna (mezzosoprano)
Ovlour (tenor lixeiro)
Skulá (baixo)
Eroshka (tenor lixeiro)
Aia de Yaroslavna (soprano)
Unha doncella polovtsiana (soprano lírica)
Nobles, bollardos, polovtsianos, soldados, siervos, prisioneiros, xente do pobo[1]

Knyaz Igor (en galego, O príncipe Igor) é unha ópera nun prólogo e catro actos con música de Aleksandr Borodin e libreto en ruso do propio compositor. Debido á morte de Borodin en 1887, o ópera quedou inacabada e foi corrixida e rematada polos compositores Nikolái Rimski-Kórsakov e Aleksandr Glazunov, debido a isto existen varias versións da mesma ópera, xa que Rimski-Korsakov e Glazunov eliminaron boa parte do que Borodin escribira.[2] A estrea póstuma tivo lugar no Teatro Mariinski de San Petersburgo o 4 de novembro de 1890.

O libreto de Borodin está baseado nunha epopea rusa do século XII e se corresponde, vagamente, coa historia narrada no Cantar das hostes de Igor, que relata a campaña do príncipe ruso Ígor Sviatoslávich contra as tribos dos pólovtsy, invasoras en 1185.

A partitura inclúe as famosas danzas corais coñecidas como «Danzas polovtsianas» (ou Danzas dos pólovtsy, o fragmento máis coñecido da ópera), que divulgaron en Europa occidental os ballets de Diáguilev e que son interpretadas independentemente en concertos. Outra peza destacada é a aria do khan Konchak, para baixo.

Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 153 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 11.ª en Rusia, con 20 representacións.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 4 de novembro de 1890
Director: Karl Kuchera
Ígor Sviatoslávich (príncipe de Nóvgorod) barítono Iván Mélnikov
príncipe Gálitski (cuñado de Ígor) baixo
O Khan Konchak (khan dos pólovtsy) baixo Mijaíl Koriakin
Yaroslavna (dona en segundas nupcias de Ígor) soprano Olga Ólgina
Vladímir Ígorevich (fillo do primeiro matrimonio de Ígor) tenor Mijaíl Vasíliev
Konchákovna (filla do Khan) contralto María Slávina
Skulá (tañedor de gusli) baixo Fiódor Stravínski
Yeroshka (tañedor de gusli) tenor Grigori Ugrinóvich
Ovlur (soldado polovtsiano cristianizado) tenor
A nodriza de Yaroslavna soprano
Rapaza polovtsiana soprano Dolina

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El libro de la ópera (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.
  2. La ópera de la A a la Z. ISBN 1-84379-034-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]