George Gershwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Gershwin

George Gershwin (26 de setembro, 189811 de xullo, 1937) foi un compositor americano. Naceu como Jacob Gershowitz en Brooklyn, Nova York segundo fillo de pais xudeus procedentes de Rusia. George escribiu a maioría das súas composicións coa colaboración do seu irmán maior Ira Gershwin. Gershwin compuxo para Broadway, para orquestras clásicas e escribiu tamén cancións populares con éxito. As súas obras sintetizan aspectos do jazz dentro da tradición da música clásica. Quizais as súas obras máis coñecidas sexan Rhapsody in Blue (1924) e Porgy and Bess (1935)