I puritani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I puritani
Os puritanos
FormaÓpera seria
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaCarlo Pepoli
Fontes literariasF. Ancelot e Saintine: Têtes rondes et cavaliers.; W. Scott: Old Mortality
Estrea24 de xaneiro de 1835
Teatro da estreaThéâtre Italien
Lugar da estreaParís
DuraciónEntre 2 horas 30 minutos e 3 horas
Música
CompositorVincenzo Bellini
Localización da partituraBiblioteca comunale (Palermo)
Manuscrito, parcialmente autógrafo, da versión para Nápoles: Museo Civico Belliniano (Catania)
Personaxes

Elvira (soprano de coloratura)
Enrichetta (mezzosoprano ou soprano dramática)
Arturo Talbot (tenor lírico lixeiro)
Lord Gualtiero Walton (baixo)
Giorgio Walton (baixo)
Sir Riccardo Forth (barítono)
Sir Bruno Robertson (tenor)[1]

I puritani (en galego Os puritanos) é unha ópera en tres actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Carlo Pepoli, baseado no drama Têtes rondes et cavaliers de Jacques-François Ancelot e Xavier Boniface Saintine. Algúns indican que o libreto tamén está baseado na novela Old Mortality de Walter Scott, mais outros só encontran relación co lugar e os feitos políticos que son narrados. Foi estreada o 24 de xaneiro de 1835 no Théâtre Italien de París. Ao mesmo tempo, Bellini compuxo unha versión alternativa pensada para a famosa cantante María Malibrán, debería ser representada en Nápoles e que, porén, non foi representada ata o 10 de abril de 1986 no Teatro Petruzzelli de Bari. Foi a última obra do compositor, que morreu 8 meses despois da súa estrea.

A ópera narra o drama amoroso de Elvira e Arturo en plena revolución entre os puritanos, partidarios de Oliver Cromwell, e os realistas que apoiaban á casa de Estuardo.

A pesar de que o libreto é cértamente confuso e pouco crible, a música de Bellini está entre a máis coidada e bela que escribiu. A foi o resultado do desexo de Bellini de compoñer unha ópera para o público parisiense. Para esta tarefa recibiu o apoio de Rossini, que daquela triunfaba en París.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 24 de xaneiro de 1835[2]
(Director: )
Lord Arturo Talbo[3] tenor Giovanni Battista Rubini
Elvira, prometida de Arturo soprano Giulia Grisi
Sir Riccardo Forth, o líder puritano namorado de Elvira barítono Antonio Tamburini
Sir Giorgio Valton,[4] tío de Elvira baixo Luigi Lablache
Lord Gualtiero Valton, pai de Elvira e irmán de Giorgio baixo Luigi Profeti
Sir Bruno Robertson tenor M. Magliano
Enrichetta di Francia, viúva de Carlos I mezzosoprano Maria Amigo
Soldados, heraldos, portaestandartes, puritanos, damas e cabaleiros, paxes, sirvientes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  2. Lista Casaglia do elenco na estrea
  3. O apelido "Talbo" no libreto é unha substitución de "Talbot" na obra de Ancelot e Saintine.
  4. O apelido "Valton" no libreto é unha substitución de "Walton" na obra de Ancelot e Saintine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.