Franco Alfano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Franco Alfano (Posillipo 1875 - San Remo 1954) foi un pianista e compositor italiano.

Comezou a estudar piano en Nápoles e en 1895 marchou a Leipzig para perfeccionar o seus estudos. En 1896 principiou a súa carreira de pianista en Berlín. Risurrezione deulle fama dende o seu estreo en Turín.

Coñecido por completar (o dueto final do último acto) a ópera inacabada de Giacomo Puccini, Turandot, en 1926. Foi director dos conservatorios de Turín (1923-1939) e Pesaro (1947-1950).

Óperas[editar | editar a fonte]

  • Miranda, 1897?
  • La fonte di Enschir, 1898
  • Risurrezione, 1904
  • Il principe di Zilah, 1909
  • L'ombra di Don Giovanni, 1914
  • La leggenda di Sakuntala, 1921
  • Turandot (final), 1926
  • Madonna Imperia, 1927
  • L'ultimo Lord, 1930
  • Cyrano de Bergerac, 1936
  • Il dottor Antonio, 1949
  • I Cavalieri e la bella (inacabada)

Ballets[editar | editar a fonte]

  • Napoli, 1901
  • Lorenza, 1901
  • Vesuvius