La Cenerentola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Cenerentola, ossia la bonta in trionfo
A Cenicienta, ou a bondade triunfante
1930-Cenerentola.jpg
Libreto, editor Attilio Barion Sesto San Giovanni - Milán 1930.
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Giacomo (Jacapo) Ferretti
Fontes literarias Libreto de G. Etienne para Cendrillon; Perrault: A cenicienta
Estrea 25 de xaneiro de 1817
Teatro da estrea Teatro Valle
Lugar da estrea Roma
Duración 2 horas 30 minutos[1]
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Biblioteca dell'Accademia Filarmonica, Boloña
Fondazione Rossini, Pésaro (Aria di Alidoro, Roma 1820)
Personaxes

Don Magnífico (baixo bufo)
Don Ramiro (tenor lírico ou lixeiro)
Dandini (barítono ou baixo)[2]
Alidoro (baixo)
Angelina (mezzosoprano)[3]
Clorinda (soprano lírica)
Tisbe (mezzosoprano)
Cortesáns[4]

La Cenerentola, ossia la bonta in trionfo (en galego, A Cenicienta, ou a bondade triunfante) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Jacopo Ferretti, baseado no conto de fadas A cenicienta. A ópera foi estreada no Teatro Valle de Roma o 25 de xaneiro de 1817.

Rossini compuxo esta ópera con 25 anos, tralo éxito de Il barbiere di Siviglia o ano anterior. Considérase que La Cenerentola, composta por Rossini nun período de tres semanas, contén algunhas das súas mellores composición para voz a solo e conxuntos. Rossini aforrou algo de tempo reempregando unha abertura de La gazzetta e parte dun aria de Il barbiere di Siviglia e facéndose cun colaborador, Luca Agolini, quen escribiu os recitativos secco e tres números ("Vasto teatro è il mondo" de Alidoro, "Sventurata!" de Clorida e o coro "Ah, della bella incognita.") A edición facsímile do autógrafo ten un aria diferente para Alidoro, "Fa' silenzio, odo un rumore"; esto parece que foi engadido por unha man anónima para unha produción de 1818. Para unha reposición no ano 1820 en Roma, Rossini escribiu un remprazo de bravura, "La, del ciel nell'arcano profondo". A abertura lixeira e enérxica quedou no repertorio estándar dende a súa estrea como La Cenerentola.

La Cenerentola represéntase con frecuencia, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 29, sendo a 18.ª en Italia e a segunda de Rossini, por detrás de Il barbiere di Siviglia.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 25 de xaneiro de 1817
Director: Gioachino Rossini
Don Magnifico (Barón de Montefiascone) baixo buffo Andrea Verni
Angelina, La Cenerentola (fillastra de Don Magnifico) mezzosoprano / contralto Geltrude Righetti
Don Ramiro (Príncipe de Salerno) tenor lírico Giacomo Guglielmi
Dandini (secretario de Don Ramiro) barítono Giuseppe De Begnis
Alidoro (filósofo, preceptor de Don Ramiro) baixo Zenobio Vitarelli
Clorinda (filla de Don Magnifico) soprano Caterina Rossi
Tisbe (filla de Don Magnifico) mezzosoprano Teresa Mariani
Servidume do pazo de Don Ramiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4.
  2. La Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.
  3. La Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala contralto ou mezzosoprano.
  4. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: