Serguei Prokofiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prokofiev

Serguei Sergueievitch Prokofiev, tamén coñecido pola transliteración anglófona Sergei Sergeievich Prokofiev ou en ruso Серге́й Серге́евич Проко́фьев, nado en Sontsovk o 15 de abril de 1891 e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un compositor ruso, pianista e director de orquestra que dominaba xéneros musicais numerosos e viña a ser admirado como un dos compositores máis sobranceiros do século XX.