Felice Romani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felice Romani.

Felice Romani, nado en Xénova o 31 de xaneiro de 1788 e finado en Moneglia o 28 de xaneiro de 1865, foi un poeta, libretista e profesor de literatura e mitoloxía italiano. Escribiu numerosos libretos para óperas de compositores como Donizetti e Bellini. Romani é considerado como un dos mellores libretistas xunto a Metastasio e Boito.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado como Giuseppe Felice Romani no seo dunha familia burguesa de Xénova, estudou leis e literatura en Pisa e Xénova.[3] Na Università degli Studi di Genova traduciu literatura francesa e, cun compañeiro, elaborou un diccionario de seis volumes de mitoloxía e antigüidades, incluíndo a historia dos celtas en Italia. A experiencia de Romani na literatura e a antigüidade francesa refléxase nos libretos que escribiu; a meirande parte deles estaban baseados en literatura francesa e moitos, como Norma, empregan fontes mitolóxicas.

Tras non poder obter un posto na Universidade de Xénova, parete que viaxou por Francia, España, Grecia e Alemaña antes de regresar a Milán contra 1812 ou 1813.[3] Aló entablou amizade con importantes figuras do mundo da música e a literatura. Rexeitou un posto como peta na corte de Viena, e no seu lugar comezou unha carreira como libretista de ópera. Escribiu dous libretos para o compositor Simon Mayr, que lle fixeron ser nomeado libretista do Teatro alla Scala. Romani converteuse no máis apreciado dos libretistas italianos do seu tempo, realizando cerca dun centenar. A pesar do seu interese na literatura francesa, rexeitou traballar en París.

Por norma xeral, Romani non creou a súas propias historias; continuando co que se estaba a facer no teatro de París e adaptou as obras de teatro que eran populares na capital francesa, mais esta non foi sempre unha estratexia segura, dada a vaga lexislación sobre propiedade intelectual da época. Nun caso, Romani realizou un libreto baseado na obra Lucrezia Borgia de Victor Hugo para a ópera Lucrezia Borgia de Gaetano Donizett, mais cando por representada en París en 1840, Hugo obtivo unha medida cautelar contra futuras producións. O libreto foi reescrito e retitulado como La Rinegata, cos personaxes italianos cambiados por turcos.

Romani escribiu os libretos das óperas de Vincenzo Bellini Il pirata, La straniera, Zaira, I Capuleti e i Montecchi, La sonnambula, Norma e Beatrice di Tenda, para as de Rossini Il turco in Italia e Bianca e Falliero, e as de Donizetti Anna Bolena e L'elisir d'amore (que adaptou de Le philtre de Eugène Scribe). Tamén escribiu un libreto (orixinalmente para o compositor Adalbert Gyrowetz) que Verdi usou para a súa ópera temperá Un giorno di regno.

Romani foi considerado un complemento ideal para Bellini, a quen se atribúen as palabras: "Dádeme bos versos e eu vos darei boa música". Bellini buscaba nos libretos situacións dramáticas e mesmo extravagantes, "deseñadas para retratar as paixóns do xeito máis vívido", segundo unha carta a Francesco Florimo do 4 de agosto de 1834, e as atopou en Romani.

Os dous, sen embargo, tiveron unha disputa sobre o incumplimento dos prazos de Beatrice di Tenda. Despois de compoñer I puritani sobre un libreto de Carlo Pepoli, Bellini propúxose non compoñer outra ópera italiana sobre un libreto que non fora de Romani. I puritani foi a súa derradeira ópera, xa que o compositor morrería poucos meses despois da estrea. Romani chorou sentídamente e escribiu un obituario no que expresaba o seu profundo arrepentimento polos desacordos que tiveran.

En 1834 Romani converteuse en editor da Gazzetta Ufficiale Piemontese para a cal escribía críticas literarias. Mantivo este cargo ata a súa morte, agás o período 1849-1854. Un volume dos seus poemas foi publicado en 1841.

Libretos[editar | editar a fonte]

Por cada libreto se indican os compositores que o musicalizaron, a data de composición e o novo título se o hai.

Ás veces as modificacións do libreto comportaban reedicións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Branca, Emilia (1882). Felice Romani ed i più riputati maestri di musica del suo tempo
  2. Roccatagliati, Alessandro (1996). Felice Romani librettista, Quaderni di Musica, Lucca, Italy - ISBN 88-7096-157-5
  3. 3,0 3,1 Roccatagliati, Allesandro (2001). "Romani, (Giuseppe) Felice" in The New Grove Dictionary of Music and Musicians, 2nd edition. London: Macmillan. ISBN 978-1-56159-239-5 (hardcover). OCLC 419285866 (eBook).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felice Romani
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Felice Romani

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ashbrook, William. Donizetti and His Operas. Cambridge University Press (1982). ISBN 0-521-27663-2
  • Branca, Emilia. Felice Romani ed i più riputati maestri di musica del suo tempo, 1882
  • Roccatagliati, Alessandro. Felice Romani librettista, Quaderni di Musica/Realtà 37, LIM, Lucca 1996. - ISBN 88-7096-157-5