Luisa Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luisa Miller
Partition Luisa Miller.jpg
Portada da partitura para canto e piano.
Forma Ópera seria
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Salvadore Cammarano
Fontes literarias Friedrich Schiller, Kabale und Liebe (1783)
Estrea 8 de decembro de 1849
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Duración 2 horas 15 minutos
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Personaxes

Il Conte di Walter (baixo)
Rodolfo (tenor)
Federica di Ostheim (contralto)
Wurm (baixo)
Miller (barítono)
Luisa (soprano)
Laura (mezzosoprano)
Un campesiño (tenor)

Luisa Miller é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano (poeta e director de escena residente do Teatre San Carlo e que foi responsable da posta en escena da ópera na súa estrea), baseado na peza teatral Kabale und Liebe (Intriga e amor) de Friedrich von Schiller. Foi estreada o 8 de decembro de 1849 no Teatro San Carlo de Nápoles. Esta foi a 15ª ópera de Verdi, situada ao final do seu primeiro período compositivo. A aria máis gravada desta ópera é Quando le sere al placido de Rodolfo.

O crítico contemporáneo, Abramo Basevi consideraba a Luisa Miller como a ópera coa cal Verdi comezou a súa segunda etapa creativa.[1] A pesar de que esta opinión foi ámplamente aceptada durante moito tempo, actualmente a crítica adxudícalle a Macbeth este honor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 8 de decembro de 1849[2]
(Director: - )
Miller, un soldado retirado barítono Achille De Bassini
Luisa, súa filla soprano Marietta Gazzaniga
Conde Walter baixo Antonio Selva
Rodolfo, seu fillo tenor Settimio Malvezzi
Federica, duquesa de Ostheim, sobriña de Walter mezzosoprano Teresa Salandri
Wurm, mordomo de Walter baixo Marco Arati
Laura, unha papaza da aldea mezzosoprano Maria Salvetti
Un campesiño tenor Francesco Rossi
Damiselas de Federica, paxes, parientes, arqueiros, habitantes da vila

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gerald A. Mendelsohn. Verdi the Man and the Dramatist (II). 19th-Century Music, Vol. 2, No. 3. (Mar. 1979), pp. 214-230.
  2. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 418

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: