Le Villi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le Villi
As Villi
Le Villi.jpg
Cartel orixinal da estrea (1884).
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Ferdinando Fontana
Fontes literarias Jean-Baptiste Alphonse Karr: Les Willis
Estrea 31 de maio de 1884
Teatro da estrea Teatro Dal Verme
Lugar da estrea Milán
Música
Compositor Giacomo Puccini
Personaxes

Roberto (tenor)
Anna (soprano)
Guglielmo (barítono)

Le Villi (en galego, As Villi) é unha ópera en dous actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Ferdinando Fontana, baseado no conto Les Willis de Gean-Baptiste Alphonse Karr, tamén empregado no ballet Giselle. Trátase da primeira ópera composta por Puccini e foi estreada no Teatro Dal Verme de Milán o 31 de maio de 1884 con Caponetti e Antonio d'Andrade como intérpretes baixo a dirección de Achille Panizza. Puccini escribiu unha nova versión de dous actos (a orixinal tiña un) que foi estreada no Teatro Regio de Turín o 26 de decembro de 1884.

O libreto da ópera nútrese das lendas de Europa Central, segundo as cales as Villis son espíritos de mulleres que foron traizoadas polos seus amantes. O mesmo tema é utilizado no ballet Giselle e a ópera Die lustige Witwe de Franz Lehár (o libreto do cal foi traducido ao italiano polo mesmo Fontana).

Personaxes[editar | editar a fonte]

No libreto, cada parte do intermezzo sinfónico entre os actos I e II – L'Abbandono (A deserción) e La tregenda (O espectro) – está precedido por uns versos explicativos que relatan os acontecementos. Michele Girardi, citando unha carta de Fontana a Puccini do 3 de setembro de 1884, sinalou que o libretista pretendía que o público o lese, mais realmente non se pretendía que un narrador o recitara.[1] Segundo Mosco Carner, Puccini pretendera que os versos se leran polo público, aínda que el sinala que non hai ningunha mención de que iso ocorrera realmente nas críticas contemporáneas da primeira produción.[2] Do mesmo xeito, non hai documento que acredite que se empregou un narrador na primeira representación de Le Villi na Metropolitan Opera House en 1908.[3] A pesar de todo, úsase un narrador nalgunhas producións modernas, como a produción de setembro do 2004 no Teatro Dal Verme con Leo Nucci como narrador, e a de agosto de 1994 no Festival della Valle d'Itria en Martina Franca con Massimo Foschi como narrador.[4] Un narrador (Tito Gobbi) foi empregado tamén na gravación da obra en estudio de Sony en 1981.

Personaxe Tesitura Reparto na estrea,
31 de maio de 1884
(Director:[5])
Reparto na estrea,
da versión revisada,
26 de decembro de 1884
(Director: Giovanni Bolzoni)
Guglielmo, o guardabosques xefe barítono ou baixo Erminio Peltz Agostino Gnaccarini
Anna, súa filla soprano Rosina Caponetti Elena Boronat
Roberto, un xove tenor Antonio d'Andrade Enrico Filippi-Bresciani
Montañeiros, fadas, espíritos invisibles

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Girardi (2002) p. 28
  2. Carner (1992) p. 336.
  3. Arquivos da Metropolitan Opera
  4. Corriere della Sera, 19 de setembro de 2004, p. 61
  5. As fontes non están de acordo nisto. Achille, Arturo, Alfredo e Giacomo Panizza foron todos eles citados como o director. O mesmo pasou con Ettore Panizza, mais só tiña 9 anos daquela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: