Saltar ao contido

Universidade Pontificia Comillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Pontificia Comillas
 Parte de
 Lingua usada
Persoas e organizacións
 Reitor/a
 Cadro de persoal
2186 Editar o valor en Wikidata
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
16 de decembro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Sede
Identificadores
VIAF277235573 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123248920 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/057h5w Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310321035 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: upcomillas.ICAI.ICADE Twitter: ucomillas Instagram: ucomillas LinkedIn: upcomillas Youtube: UC_TKuYpa5rxNchIyhyOqB-A TikTok: ucomillas BNE: XX111362 Dialnet: 779104 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade Pontificia Comillas é unha universidade privada, da Igrexa Católica, dirixida pola Compañía de Xesús, con sede en Madrid. En 2010 tiña 9.301 alumnos e 1.712 profesores.[1]

Vista parcial do complexo no que se aprecia o Seminario Maior da antiga universidade de Comillas deseñado por Lluís Domènech i Montaner. Actualmente o complexo é propiedade do Goberno de Cantabria e sede da Fundación Comillas.

Foi creada como Seminario de San Antonio de Padua de Comillas o 16 de decembro de 1890 en Comillas (Cantabria), erixido polo papa León XIII, mediante o Breve Sempiternam Dominici Gregis.[2] Nos seus inicios era un seminario católico para a formación de candidatos ao sacerdocio, promovido a instancias do pai xesuíta Tomás Gómez Carral (1837-1898) e construído polo seu patrocinador, Antonio López y López (1817-1883), primeiro marqués de Comillas, e o seu fillo Claudio López Bru (1853-1925), segundo marqués de Comillas, que continuaría o labor do seu pai. A súa disciplina interna e calidade académica fixeron del un lugar no que confluíron un importante número de vocacións sacerdotais procedentes de todas as dioceses españolas, hispanoamericanas e de Filipinas. O aumento da súa actividade fixo que paulatinamente foran agregándose novos edificios aos xa existentes: Seminario Maior (1882), Seminario Menor (1912), Colexio Máximo (1944) e o Colexio Hispanoamericano (1946).

O 19 de marzo de 1904, o Papa San Pio X concede ó Seminario Pontificio de Comillas, por medio do Decreto "Praeclaris honoris argumentas", a facultade de conferir graos académicos en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico, converténdoo en Universidad Pontificia.

O 24 de xaneiro de 1969, o Papa Paulo VI autoriza e referenda mediante carta ao Gran Chanceler o traslado a Madrid da universidade e a súa apertura á ensinanza de segrares.

O día 20 de xuño de 1978 realizouse a erección canónica e a incorporación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da Facultade de Dereito e da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (centros universitarios de ICAI-ICADE) á agora denominada Universidade Pontificia Comillas. O Estado Español recoñeceu plenos efectos civís aos estudos cursados nas mencionadas Escolas e Facultades, por Real Decreto 1610/1979, de 4 de abril, de conformidade co establecido no Convenio entre a Santa Sé e o Goberno Español de 5 de abril de 1962.

Posteriormente incorporáronse á universidade novos centros de estudo e investigación, ata chegar ás 4 facultades, 2 escolas e 7 institutos que a compoñen actualmente.

Campus e centros

[editar | editar a fonte]
Edificio de ICAI

Antigos alumnos

[editar | editar a fonte]
Fachada do edificio de ICADE na rúa Santa Cruz de Marcenado

Na Universidade Pontificia Comillas formáronse importantes profesionais para a vida económica de España, especialmente na rama do dereito e a empresa. Podemos citar entre diversos empresarios de renome a Sebastián Escarrer (Conselleiro delegado de Sol Meliá), Juan Arena (presidente de Bankinter), Carlos Espinosa de los Monteros (presidente de Mercedes Benz España), Javier Benjumea (presidente de Abengoa), Amparo Moraleda (directora da área Internacional de Iberdrola), Ignacio Sánchez Galán (presidente de Iberdrola), Fernando Conte (expresidente de Iberia), Magda Salarich Fernández de Valderrama (conselleira delegada de Citröen) ou Rafael Miranda (conselleiro delegado de Endesa). Na política, algúns alumnos acadaron postos de importancia, incluíndo a Diego López Garrido (Secretario de Estado para a Unión Europea), Pilar Barreiro Álvarez (alcaldesa de Cartagena), José Bono (ministro), Rodrigo Rato, Enrique Barón (ministro) ou Ginés López (exalcalde de Arganda del Rey).

  1. "Fundación Universidad.es". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2010. Consultado o 08 de novembro de 2010. 
  2. Ministerio de Cultura de España

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]