Pandeirada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pandeirada
Modas e Adufes I Fest Sons e Sabores.JPG
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosPandeiro

Unha pandeirada, ou cantar de pandeiro[1], é un canto de festa que se acompaña da percusión dos pandeiros. Cando se toca coas pandeiretas pode recibir tamén o nome de pandeiretada.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Os pandeiros, redondos ou cadrados, tocáronse copiosamente por toda a xeografía galega. Foron estes os principais instrumentos, até a aparición da pandeireta, cos que se cantaba e bailaba nas festas tradicionais da sociedade rural. Do nome do instrumento derivou o dos cantos de lecer que, a ritmo de muiñeira ou xota, se realizaban con el. Deste xeito xurdiu a denominación pandeirada, un termo que, nalgunhas zonas do país, chegou a facerse extensivo á propia festa, equivalente a foliada, serán, fiadeiro,etc,[3] e noutras foi empregado como sinónimo de muiñeira vella ou ribeirá.[4][5]

A finais do século XIX, os coros galegos emprenderon un traballo de posta en valor da música popular, levaron daquela a escenarios e estudios de gravación moitas pandeiradas[6], cantares[7] e cantos de pandeiro[8]. Nesta época de rexurdimento cultural, tamén algúns compositores de música culta empregaron o termo "pandeirada" para dar título as súas obras, o que contribuíu á súa popularización e ao seu paso á posteridade.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Camafeita, Olga (2010). "Maneo de Pandeiro". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 
  2. Camafeita, Olga (2010). "Pandeiretada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 
  3. Cajaraville Pensado, Manuel (1983). Debullando folklore. La Voz de Galicia. p. 69. 
  4. Concello de Boimorto. "As muiñeiras vellas ou pandeiradas". www.concellodeboimorto.es. Consultado o 2021-10-28. 
  5. "pandeirada". DIGALEGO. Consultado o 2021-10-28. 
  6. Coro Cantigas da Terra (1928). "Pandeirada de Nebra". Colección de lousas - Consello da Cultura galega. 
  7. Coro Aires D'a Terra de Pontevedra (1911). "Cantar de Pandeiro". Colección de lousas - Consello da Cultura galega. 
  8. Coro Cantigas da Terra (1928). "Canto de Pandeiro de Mahía". Colección de lousas - Consello da Cultura galega. 
  9. Camafeita, Olga (2010). "Pandeirada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]