Maneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O maneo é unha variante da xota, propia da comarca de Bergantiños e da zona occidental de Ordes (Trazo e Tordoia). Diferenciase da xota por uns característicos pasos arrastrados que se realizan nos puntos.

Características[editar | editar a fonte]

A Comarca de Bergantiños e os seus arredores son as zonas orixinarias desta danza.

A música do baile interprétase só con pandeiretas. Bailase en dúas liñas, unha de homes e outra de mulleres, existe un único guía que é quen marca os puntos.

Ten dúas partes ben diferenciadas:

- Unha primeira, mais pausada, na que se executan os arrastrados do punto, unha grande parte dos cales presentan un tempo sincopado inicial.

- Unha segunda na que se interpreta unha xota de catro[1] ou cinco toques[2].

O cambio de partes márcano as pandeiretas con unha serie de golpes consecutivos, a continuación pásase á volta, que pode ser en roda (os bailadores camiñan circularmente) ou xirando as liñas en paralelo sobre un punto central.

Os puntos do maneo son movementos sutís dunha grande elegancia, no baile non se estilan os grandes saltos, aínda que en ocasións, hai voltas e longos desprazamentos.

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Linares, Juan José (1986). O baile en Galicia. Editorial Galaxia.
  • Martínez San Martin, Anxo (1997). "Historia e evolución da danza en Galicia". En: Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, II: Música e Danza. Ed. Museo do Pobo Galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curso de pandeireta galega. Xota Curta- Xurxo Fernandes". youtube.com. Consultado o 25/02/2018. 
  2. "Pandeireta Galega: Ritmo Básico de Xota (Longa)- Eric Feles". Youtube.com. Consultado o 25/02/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]