Unión Libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unión Libre. Cadernos de vida e culturas é unha revista de creación e pensamento aberta a temas vitais e interculturais de Galicia e do mundo dende unha perspectiva libertaria, con especial atención á memoria histórica e cun deseño artístico integral.

Características[editar | editar a fonte]

Coordinada dende Lugo por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, conta cun comité de redacción internacional composto por Xosé Luís Axeitos, Vsévolod Bagno, Diana Conchado, Carme Junyent, Lily Litvak, María Lopo, Kathleen N. March e Olga Novo.

Está ilustrada por diversos artistas, como Isaac Díaz Pardo ou Sara Lamas), e contou coa colaboración de escritores galegos e foráneos, como Luz Pozo Garza, José Ángel Valente, Noam Chomsky, Juan Goytisolo, Antonio Gamoneda, Ana Hatherly, Sergio Lima ou Joan Brossa. Presenta ademais tradución ao galego dos clásicos eróticos latinos e de autores contemporáneos como Hölderlin, Rimbaud ou Dylan Thomas. Publícase anualmente, dende 1996, en Ediciós do Castro, polo xeral centrando cada número nun tema monográfico:

Números[editar | editar a fonte]

Como proxecto de Unión Libre, deu comezo en 2010 a colección de cadernos gratuítos Poesía para tod@s, iniciada co volume Poemas polas vítimas do 36 en Galicia e continuada con ''Poemas para Lugo'', ''Poemas para lucenses'', ''Poemas polas vítimas do 36 nas rías de Vigo e Pontevedra'' e ''Anarquista ou nada (Poemas de memoria libertaria)''.

O seu ISSN é 1137-1250 e o depósito legal é C-1668-1996, e o seu obxectivo é a divulgación da creación multicultural, dende perspectivas libertarias, abertas, críticas e independentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]