Carmen Muñoz Manzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Muñoz Manzano
Alcume Beatriz Galindo
Nacemento 1906
  Malpartida de Plasencia
Falecemento 13 de abril de 2002
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación escritora
Cónxuxe Rafael Dieste
editar datos en Wikidata ]

Carmen Muñoz Manzano, nada en Malpartida de Plasencia (provincia de Cáceres) en 1906 e finada na Coruña o 13 de abril de 2002[1], foi unha escritora española, tamén coñecida co pseudónimo de Beatriz Galindo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia acomodada. Estudou Maxisterio en Salamanca e Madrid, e tras aprobar as oposicións de Inspectora de Ensino Primario foi destinada á provincia de Lugo e despois a Valencia de Alcántara. Mentres colaboraba coas Misións Pedagóxicas coñeceu a Rafael Dieste, con quen casou en Santander o 3 de setembro de 1934.

Durante o alzamento nacional estaba en Madrid co seu marido. Iniciaron unha defensa activa da Segunda República a través de labores pedagóxicas e publicacións culturais. En febreiro de 1939 logrou chegar a París, mentres que Dieste foi ao campo de concentración de Saint-Cyprien. Estiveron exiliados en Bos Aires, Cambridge e Monterrey. En México deu clases no Instituto Tecnológico, e en Bos Aires fixo dende a casa revisións de libros e traducións para a editorial Atlántida, e impartiu algunha conferencia (entre elas unha sobre Dulcinea) e deu clases cubrindo interinidades.

Durante a súa etapa no exilio tivo unha gran relación epistolar, que dá conta da súa vida e da do seu círculo de amizades, Luís Seoane e a súa muller Maruxa, Lorenzo Varela, Antonio Baltar e Mireya Dieste Fernández, Enrique Casal Chapí, Antonio Sánchez Barbudo ou Arturo Serrano Plaja, así como das novas amizades como Gabriel Zaid, Esther de Cáceres, Federico Lachica ou Isaac Díaz Pardo.

En 1961 instaláronse en Rianxo. En 1964 logrou recuperar o seu posto como inspectora de ensino, con destino na provincia da Coruña. Alternaron a súa residencia entre Rianxo e A Coruña, onde mercaron un piso. Xubilouse en 1976, e desde entón adicouse á obra do seu home atré a morte del en 1981. Foi testamenteira da obra e a memoria de Dieste, amais de arquiveira, copista e editora.

Foi nomeada filla adoptiva de Rianxo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • “Diario de sueños”, en P.A.N. Revista epistolar y de ensayos. Madrid, Imprenta Juan Pueyo, n.º 2, pp. 31–32 (1935).
  • “Epistolario. Como parece que son las mujeres”, en P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, n.º 6, pp. 121–122 (1935).
  • La Edad Media. Bos Aires, Atlántida, 1945.
  • “No aniversario de Rafael Dieste”, Encrucillada, n.º 30, p. 51-54 (setembro de 1982).
  • “Prólogo” en DIESTE, R.: La Isla. Tablas de un naufragio, Barcelona, Anthropos, 1985.
  • “Semblanza cronológica de Rafael Dieste”, Documentos A, Barcelona, Anthropos, n.º1 (1990), p. 46-199.
  • “Dos cartas incompletas sobre el proceso creador”, Documentos A, n.º1 (1991), p. 39-43.
  • “Testimonio personal de Carmen Muñoz”, Documentos A, n.º1 (1991), p. 198-48.
  • Epistolario amoroso (ed. de Xosé Luís Axeitos), A Coruña, La Voz de Galicia, 1995, (Biblioteca Galega).
  • Epistolario (ed. de Xosé Luís Axeitos e Rosario Portela Yañez), Sada, Ediciós do Castro, 2005, (Biblioteca del Exilio, VII) .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La viuda de Dieste descansa en Rianxo", artigo en La Voz de Galicia, 14 de abril de 2002 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]