Antoni Gaudí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoni Gaudí
Antoni gaudi.jpg
Antoni Gaudí i Cornet en 1878.
Data de nacemento 25 de xuño de 1852
Lugar de nacemento Reus ou Riudoms, Cataluña Cataluña
Data de falecemento 10 de xuño de 1926 (73 anos)
Lugar de falecemento Barcelona, Cataluña Cataluña
Área Arquitectura
Movemento Modernismo
Obras Palau Güell
Casa Milà
Cripta e fachada do Nacemento da Sagrada Familia
Casa Vicens
Casa Batlló
Cripta da Colònia Güell
Torre Figueres-Bellesguard
Sinatura Signature Antoni Gaudí.svg

Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán, recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina.[1][2] O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o Templo expiatorio da Sagrada Familia.

A súa formación[editar | editar a fonte]

Casa Milá

Fixo os seus estudos de bacharelato nas Escolas Pies de Reus. Logo de rematar no Instituto trasladouse á cidade de Barcelona para estudar no Instituto de Ensino Medio e na Facultade de Ciencias. Neste tempo Antoni moraba co seu irmán en réxime de alugueiro nun barrio de Barcelona, preto da Igrexa de Santa María, a cal lle inspiraría partes do seu traballo posteriormente. Logo da súa estadía na Facultade de Ciencias, aprobou o exame de ingreso na Escola provincial de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1878, obtendo o título de Arquitecto.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A súa vida profesional tivo lugar na meirande parte en Barcelona, cidade na que vivía por aquel entón. A primeira etapa da súa formación coincidiu cunha situación social caracterizada por un grande desenvolvemento económico e urbanístico da cidade. A puxanza dunha clase media con interese de parecerse ás tendencias da Europa naquel momento e o fenómeno da Renaixença fixeron de bos ingredientes para a imaxinación e orixinalidade do arquitecto.

Non debemos esquecer a grande influencia do seu colaborador, o tamén arquitecto J.M. Jujol, do cal provén, entre outras cousas, a característica tipografía que podemos observar nas obras gaudinianas.

A familia Güell[editar | editar a fonte]

A vida e obra de Gaudí estiveron amplamente ligadas á familia Güell, de grande importancia e prestixio tanto no económico coma no artístico. O Conde Güell fixo de mecenas para un novo Gaudí, encomendándolle moitos dos seus edificios máis representarivos e coñecidos, como por exemplo o Palau Güell, a Cripta da Colonia Güell e o arquicoñecido Parc Güell entre outros traballos.

Familia e Relixiosidade[editar | editar a fonte]

O propio Antoni estaba moi ligado á súa familia: de seu pai e de seu avó aprendeu parte do oficio de traballar o ferro, o cal usaría nalgunhas das súas obras, facendo extraordinarios elementos de carpintaría. Moi afectado pola morte dos seus pais e logo a morte de seu irmán, Gaudí foise facendo cada vez máis introvertido, concentrándose só no seu traballo e estudo. Fixo moita amizade cos altos cargos da Igrexa española daquel momento, sendo íntimo amigo do arcebispo de Astorga, onde pasou unha tempada da súa vida e onde se ocupou do deseño do Pazo Episcopal. Pero non foi esta a súa única obra dedicada á Igrexa, a Cripta da colonia Güell, a reforma da catedral de Mallorca e o colexio de Santa Teresa foron feitas pola práctica dunha das súas obsesións en vida, o Catolicismo.

Principais proxectos[editar | editar a fonte]

A Sagrada Familia

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O ano 2002 foi o ano Internacional dedicado Gaudí.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez Izquierdo, Rafael (1999). Gaudí: arquitecto de Dios (1852-1926) (en castelán). Palabra. pp. p.160. ISBN 848239360X. 
  2. Genís Terri, Jaume (2009). Gaudí, entre l'arquitectura cristiana i l'art contemporani. L'Abadia de Montserrat. pp. p.138. ISBN 8498831997. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antoni Gaudí Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]