Manuel Molezún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Molezún
Nome completoManuel Suárez-Pumariega Molezún
Nacemento1920
 A Coruña
Falecemento31 de xaneiro de 2001
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónmédico, profesor, pintor e atleta
editar datos en Wikidata ]

Manuel Suárez-Pumariega Molezún, coñecido tamén como Manuel Molezún, nado en 1920 na Coruña e morto o 31 de xaneiro de 2001, foi un atleta e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atletismo[editar | editar a fonte]

Representou a España nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 correndo os 110 metros valados, converténdose así no primeiro atleta coruñés en participar nuns Xogos Olímpicos. Chegou a estar en posesión da mellor marca absoluta de 110 metros valados, aínda que tamén se exercitou, chegado a ser campión de España, nas especialidades de salto de altura e salto de lonxitude.

Pintura[editar | editar a fonte]

Profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, foi considerado un dos máximos representantes da pintura de abstracción xeométrica e un dos artistas galegos contemporáneos de máis sólida reputación internacional. Na súa última etapa a súa obra evolucionou cara a unha tímida figuración vinculada ós epígonos do cubismo. A súa obra está presente na colección da Fundación Unión Fenosa, no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo de Arte Abstracta de Cuenca, e no Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid.