Saltar ao contido

Casa de Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCasa de Campo
Imaxe
Tipoparque
sitio histórico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMadrid, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°25′22″N 3°45′21″O / 40.42291, -3.75595
Características
Superficie1.700 ha Editar o valor en Wikidata
Ben de interese cultural
Data15 de xullo de 2010
IdentificadorRI-52-0000004
Historia
Data de creación ou fundación1 de maio de 1931 Editar o valor en Wikidata

Páxina webesmadrid.com… Editar o valor en Wikidata

A Casa de Campo é o maior parque público do municipio de Madrid. Situado ao oeste da cidade, sitúase administrativamente no barrio de Casa de Campo (distrito de Moncloa-Aravaca), lindando ao sur co distrito de Latina e ao oeste co municipio de Pozuelo de Alarcón. O parque está anexo ao Monte de El Pardo e ten unha extensión de 1722,6 ha, incluíndo os terreos do Club de Campo, ao que cedeu parte da súa superficie. Esta superficie duplica a do Bois de Boulogne, en París, é dúas veces e media maior que o Parque Fénix de Dublín, cinco veces máis grande que o Central Park de Nova York ou 6,5 veces máis grande que Hyde Park de Londres.

A Casa de Campo foi propiedade histórica da Coroa Española e coto de caza da realeza. Tras a proclamación da Segunda República, foi cedida polo Estado ao pobo de Madrid o 1 de maio de 1931, estando desde entón aberta ao público.

No seu interior atópanse situadas diversas instalacións, como o Parque de Atraccións, o Zoolóxico, o Teleférico (que conecta a Casa de Campo co Parque do Oeste, alén do río Manzanares), parte dos recintos feirais de IFEMA (Institución Feiral de Madrid), o pavillón multiúsos Madrid Arena, a Venta del Batán (lugar tradicional de peche dos touros nos días previos ao seu lida na praza de touros de Las Ventas) e diferentes instalacións deportivas populares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]