Dirección de cine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Director de cine")

A dirección de cine é o posto profesional encargado de dirixir a filmación dunha película, dando instrucións ós actores e actrices, decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta, supervisando o decorado e o vestiario, e todas as demais funcións necesarias para levar a cabo a rodaxe.

A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de Hollywood, o posto máis importante na creación dunha película era a produción, e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerada a dirección como a parte técnica que dirixía cada día a filmación. Primeiro en Europa e, máis tarde nos Estados Unidos, o cargo de dirección foi adquirindo maior relevancia ata chegar a ser considerado a parte principal na autoría dunha película.