Sonia Méndez
Sonia Méndez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de agosto de 1980 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | IES Sánchez Cantón |
Ocupación | actriz, guionista e directora de cine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sonia Méndez Alonso, nada en Vigo o 14 de agosto de 1980, é unha directora de cine, guionista e actriz galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, realizou diversos cursos de formación en cine, televisión e teatro. Entre outras a Escola de Imaxe e Son da Coruña[2], en Espazo Aberto (Santiago de Compostela), no Centre de Estudis Cinematográfics de Barcelona, na Escola Internacional de Cinema e TV de Cuba, e un Postgrao en Interpretación e Arte Dramática (Universidade de Santiago de Compostela).[3]
Dirixiu, guionizou e produciu as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (déixanse), Ei, guapa! para a longametraxe colectiva Visións da Deputación de Pontevedra, As damas negras e Conversa cunha muller morta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012 entre múltiples premios e distincións.
Traballou como actriz en diversas series como Os Atlánticos ou Terra de Miranda para a CRTVG, Cuéntame cómo pasó para TVE ou El Vecino de Netflix e en longametraxes como Olvido y León ou Rafael.
Desde 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais de España.[4] Xunto á produtora Nati Juncal Portas creou en 2018 Cósmica Producións.[5] Xa con Cósmica, dirixiu e guionizou a serie Antes de perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mestre Mateo á mellor serie web en 2020 e a longametraxe documental A poeta analfabeta sobre a poeta, feminista e activista galega Luz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, premios CREA a Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e finalista candidato a Mellor Documental nos XX Premios Mestre Mateo e que está actualmente en distribución.
En 2019 foi a directora da gala dos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.[6]
É vicepresidenta da Academia Audiovisual Galega, membro da Asociación de Directores e Directora de Galicia (CREA) e da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).[7]
Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Personaxe | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|
2003 | A rosa de Alexandría | Longametraxe | [8] | |
2007 | Unha muller invisible | Clara | Longametraxe | [9] |
2008 | Rafael | Mariló | Longametraxe | [9][10] |
2010 | Perversa Lola | - | Curtametraxe. Directora e guionista. | [11] |
Leo e Mario (déixanse) | - | Curtametraxe. Directora e guionista | [12] | |
Efectos colaterais | Curtametraxe | [13] | ||
Anos despois | Longametraxe | [14] | ||
2012 | El sexo de los ángeles | Marta | Longametraxe | [9][15] |
As damas negras | - | Curtametraxe. Directora. | [16] | |
Conversa cunha muller morta | - | Curtametraxe. Directora, guionista e produtora. | [9][17][18] | |
2014 | Porca miseria | Entrevistada | Curtametraxe | [19] |
2016 | Migas de pan | Longametraxe | [9] | |
Ei, guapa! | - | Curtametraxe. Directora | [20] | |
2020 | Olvido y León | Longametraxe | [9] | |
A poeta analfabeta | - | Longametraxe documental. Directora e guionista | [9] | |
2023 | As Neves | Longametraxe. Directora | [21] |
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Rol | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|
2001 - 2005 | Terra de Miranda | Bea Carballo | Serie de televisión. 110 episodios. | [9] |
2004 | Pepe Carvalho | Isolina | 1 episodio: "La rose d'Alexandrie" | [9] |
2005 | Pataghorobí | Telefilme | [9] | |
2008 - 2009 | Os Atlánticos | Marta | 26 episodios | [9] |
2008 | Luar | Como Marta da serie Os Atlánticos | Programa de televisión. 4 programas. | [9] |
2009 | Gondar | 1 episodio: "Quen rouba a un ladrón..." | [9] | |
2012 | Angélica e Roberta | Roberta | Web serie. 2 tempadas e 18 episodios. | [9][22] |
2015 | Cuéntame cómo pasó | Beatriz | 1 episodio: "El último minuto de nuestra vida" | [9] |
2019 | Antes de perder | Moza no cuarto de baño | 1 episodio: "Buena suerte, chicas". Directora dos 7 episodios. | [9][23] |
Pequeñas dosis | 6 episodios | [9][24] | ||
2022 | Galicia de 20 a 20 | Serie de televisión. TVG | [9][25] |
Premios[editar | editar a fonte]
- 2021: Premio Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, con Margarita Ledo e Noemí Chantada.[26]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sonia Méndez :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Sonia Méndez, autor en CREA". CREA. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Sonia Méndez. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Sonia Méndez". CURTAS Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Cósmica Producións: “Hai unha falta grande de historias de mulleres” – Asociación Galega de Productoras Independientes". Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Sonia Méndez será la directora de la gala de los XVII Premios Mestre Mateo – CIMA – Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales" (en castelán). Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Sonia Méndez". guionistas.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "A rosa de Alexandría / La rosa de Alejandría. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 "Sonia Méndez". Internet Movie Database. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Rafael. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Perversa Lola. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Leo e Mario (déixanse) / Leo y Mario (se dejan). AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Efectos colaterais. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Anos despois. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ Villaverde, Xavier (2012-05-04). "El sexo de los ángeles". Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "As damas negras. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Conversa cunha muller morta AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Salón Teatro a curta “Conversa cunha muller morta” interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Porca miseria AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Ei, guapa!". fiestra.gal. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Sonia Méndez, directora de «As Neves»: «Quero poñer en valor á rapazada galegado rural que non ten voz na vida pública»". La Voz de Galicia. 2023-01-09. Consultado o 2023-01-12.
- ↑ "Angélica e Roberta. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Antes de perder". 2019-03-07. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "Pequeñas Dosis". 11 de abril de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Galicia de 20 a 20". 29 de outubro de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ "Margarita Ledo, Sonia Méndez y Noemí Chantada, premios «Mulleres no Foco»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-09-24. Consultado o 2021-09-24.