Premio Alecrín de Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O premio Alecrín, ou premio Alecrín de Ouro, é un galardón sen dotación económica que entrega anualmente a Federación de Entidades Gallegas de Cataluña para distinguir persoas ou proxectos destacados en distintos ámbitos da cultura galega[1][2].

Hai un acto de entrega dos galardóns que adoita celebrarse no mes de agosto. Non existe unha sede fixa, polo que cada ano un concello distinto acolle a cerimonia, como sucedeu co Courel[3], Celanova[4] ou Vila de Cruces.

En 2021 foron premiados Asociación Cultural Carballo da Manteiga, Xoán Carlos García Porral, Pili Pampín, Margarita Ledo, Xosé González Martínez.[5]

En 2023, a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrega de los Premios 'Alecrín 2015' de la Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (FEGALCAT)". Xunta de Galicia.Secretaría Xeral da Emigración. agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  2. "Xuntanza FEGALCAT. Vila de Cruces 2015 (programa)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019. .
  3. Xosé Neira Vilas recibe o Alecrín de Ouro en Cataluña, nova en Culturagalega.org
  4. Celanova acolle os premios Alecrín 2014 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., nova no sitio web do concellos de Celanova.
  5. C.R (2021-08-11). "Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  6. Press, Europa (2023-08-07). "O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña". www.europapress.es. Consultado o 2023-08-08.