António de Oliveira Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
António de Oliveira Salazar
Antonio Salazar-1.jpg
Nacemento 28 de abril de 1889
  Vimieiro
Falecemento 27 de xullo de 1970
  Lisboa
Causa Parada cardiorrespiratoria
Soterrado Santa Comba Dão
Nacionalidade Portugal
Relixión Igrexa católica
Educado en Universidade de Coimbra
Ocupación economista, político, pedagogo e catedrático de universidade
Premios collar of the Order of Isabella the Catholic‎, collar of the Civil Order of Alfonso X the Wise, Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Ordem do Infante D. Henrique, Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha e Honorary Doctor of the University of Madrid Complutense
editar datos en Wikidata ]

António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889, e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista. Exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e interinamente a Presidencia da República en 1951. Foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, que abarcou o período entre 1926 e 1974, se ben o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ministro das Finanzas entre 1928 e 1932. Entre 1932 e 1968 foi o estadista que dirixiu os destinos de Portugal, co cargo de Presidente do Consello de Ministros (primeiro ministro). Foi fundador e xefe da Unión Nacional (partido único durante o Estado Novo) a partir de 1931. Tamén foi o fundador e principal mentor do Estado Novo (1933-1974), substituíndo a ditadura militar (1926-1933). Tamén exerceu o cargo de Presidente interino da República, mais só no ano de 1951.

En abril de 1937 foille enviada unha carta dirixida por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e mais Ramón Suárez Picallo na que se dicía:

Vostede será para os supervivintes de Galiza algo menos ca un asasino, será un cómplice de asasinos.[1]

Salazar e Francisco Franco[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil española, comezada en 1936, Salazar non dubidou en apoiar Franco dende o primeiro momento. De aí o enorme prestíxio gañado por Portugal entre os franquistas. Pouco antes do fin da guerra, Salazar nomea a Pedro Teotónio Pereira para a función de Axente Especial do Goberno Portugués xunto ao Goberno de Franco. Teotonio Pereira chega a Salamanca en xaneiro de 1938, encontrando unha atmosfera de grande simpatia cos diplomáticos alemáns e italianos e de gran hostilidade cos diplomáticos dos restantes países. Teotónio Pereira pronto comezou a contrarrestar este ambiente e Portugal terá un papel fundamental na disuasión do aliñamento de España coas Potencias do Eixo, na creación dun bloque ibérico neutro e na aproximación da España aos Aliados.

Nunha entrevista ao xornal Francés Le Figaro, a 13 de xaneiro de 1958, Franco afirmaba que:

O home de Estado máis completo, máis respetable de entre tódolos que coñecín, eu direille: Salazar. Teño aquí un personaxe extraordinário, pola súa intelixencia, o sentido político, a humanidade. A súa maior eiva é, talvez, a modéstia.
Francisco Franco (en castelán)

Salazar tiña tamén unha gran admiración por outro ditador fascista, Benito Mussolini, tendo incluso unha fotografía do ditador italiano na súa secretaría de traballo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Un juicio duro sobre Oliveira Salazar, ABC, 27 de abril de 1937, páx. 11 (en castelán).
  2. "As lamentáveis referências da referência de tantos" (en portugués). 21 de novembro de 2008. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.