La mañana de La 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La mañana de La 1
Formato Magazine
Presentado por Mariló Montero (2009-2016)
Localización(s) Estudos de Prado del Rey
Cadea Televisión Española
Día da estrea 24 de agosto de 2009

Na rede
http://www.rtve.es/television/la-manana-de-la-1/
IMDB: tt1603630 Twitter: lamananatve Editar o valor em Wikidata

La mañana de La 1 é un programa de televisión emitido pola cadea española La 1 de Televisión Española de luns a venres en horario matinal.

Historia[editar | editar a fonte]

La mañana de La 1 foi creado e posto en marcha por Ricardo Medina e o seu equipo de Medina Media o 24 de agosto de 2009.

O programa responde ao típico formato de magazine, análogo na súa estrutura aos que na mesma franxa horaria emiten o resto de cadeas xeralistas de España: Espejo público, con Susanna Griso en Antena 3, Las Mañanas de Cuatro en Cuatro con Marta Fernández e El programa de Ana Rosa, con Ana Rosa Quintana en Telecinco. A formulación é tamén basicamente idéntico ao dos espazos predecesores nese horario na propia TVE: Por la mañana (2002-2008) e Esta mañana (2008-2009), con Inmaculada Galván.[1]

O espazo, emitido en directo desde o enorme Estudo 1 de Prado del Rey, inclúe entrevistas, actualidade, opinión, crónica social, cociña e consellos para o lecer e a saúde. De feito o macro-espazo integrou como sección o programa ata o momento autónomo Saber vivir, presentado por Luis Gutiérrez.

Ata 2011, José Ángel Leiras, copresentou o programa xunto a Mariló Montero. Outro colaborador nunha primeira etapa foi Javier Capitán.

En setembro de 2010 modifícase a imaxe de La mañana e o 18 de outubro do mesmo ano vólvese a modificar ao pasar a emitirse en formato panorámico.

Durante as vacacións de verán de 2012 e 2013 foi Inés Paz a encargada de presentar o programa.

En agosto de 2013, Inés Paz, o doutor Gutiérrez, Almudena del Pozo, Karmele Izaguirre e Ciudadano García abandonaron o programa. O 26 de agosto do mesmo ano, modificouse o estudio, o grafismo e os decorados.

O 7 de xullo de 2014, con motivo das vacacións de Mariló Montero, Inés Ballester presenta La mañana del verano. Desta versión estival xurdirá o programa Amigas y conocidas, que comezou como sección de estival e que debido ao seu éxito se consolidou como programa propio dende de setembro de 2014.

O 29 de agosto de 2014 nunha nota de prensa TVE deu a coñecer os cambios da tempada 2014-2015. Confirmábase a saída do programa de Carlos Córdoba e de Sergio Fernández, a redución do programa 45 minutos pola estrea de Amigas y conocidas, a permanencia no programa dalgúns debutantes en verán como Julius, e a entrada de varios rostros novos.[2]

En febreiro de 2015 anunciáronse grandes cambios para o programa matinal que terán lugar en torno ao mes de abril para subir os datos de audiencia. Entre as novidades atópanse cambio de estudio, que pasará a atoparse no Estudo 5 así como novas seccións dirixidas ao entretemento. Ademais, anunciouse a volta a TVE de Paco Lobatón para conducir a sección de sucesos do programa matinal.

A partir da nova tempada de formato, o 7 de setembro de 2015, o programa volveuse reducir. Os irmáns Torres fichan pola televisión pública para presentar na sobremesa cun programa de cociña e fai que teñan que reducir a duración do programa.

O 30 de xuño de 2016, Mariló Montero anuncia que abandona TVE así como La Mañana, tras 7 tempadas á fronte do programa. A súa substituta durante o verán é Silvia Jato.

Presentadores[editar | editar a fonte]

Seccións[editar | editar a fonte]

Mariló Montero participa e exerce de fío condutor en todas as seccións:

  • Saber vivir: Sección de saúde con Ana Bellón e Iñaki Ferrando.
  • Saber cocinar: Sección de cociña con Julius e Ana Bellón.
  • Saber moverse: Sección de exercicio con Cristina Mérida.
  • Saber mirar: Sección de actualidade con Fernando Ónega.
  • Saber lo que pasa: Informativo con Jota Abril.
  • Corazón: Sección de crónica social con Luis Pliego, Rosa Villacastín e Luis Rollán.
  • La máquina del café: Entrevista de Mariló Montero a un convidado especial.
  • La abogada en casa: Sección de divulgación sobre dereito con Begoña Villacís.
  • Escuela de padres: Sección de coaching para pais e fillos con Helena López Casares.

Producións propias[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. TVE busca a substitución de Inmaculada Galván en Esta mañana El País. 11 de xullo de 2009.
  2. "Mariló volve con menos tempo, o cociñeiro de Inés Ballester e o café dos famosos". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2015. 
  3. "Amigas y conocidas convírtese en programa propio". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]