Porto de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contrasinal marítimo da provincia marítima de Ferrol á que pertence
Vista xeral.
Peiraos comerciais do porto

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da Ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría. É un porto moi especializado nas mercadorías en granel: carbón para a térmica das Pontes, chatarra para Megasa, madeira e derivados, exportación de maquinaria como aeroxeradores e pezas para os mesmos ou papel prensa transportado en tren.

Ría de Ferrol[editar | editar a fonte]

Na ría de Ferrol ademais das instalacións do porto existen outras instalacións portuarias:

  • En A Graña instalacións militares para aprovisionamento dos buques da Armada Española.
  • Esteleiros Navantia, Ferrol. Antiga Bazán, construción de buques militares, reparacións de buques militares e civís.
  • Navanta Fene, Antiga Astano. Construción naval e reparación de buques.
  • Forestal do Atlántico (Grupo Tojeiro), porto para graneles da empresa xunto ás cales están as instalacións de Reganosa.
  • Porto de Mugardos. Instalacións pesqueiras para pequenos buques.