Inditex
Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″W / 43.3145972°N 8.5050056°W
Sede de Inditex en Arteixo. |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1985 |
| Localización | Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña) |
| Fundador | Amancio Ortega Gaona |
| Persoas clave | Pablo Isla (presidente) |
| Industria | Téxtil |
| Beneficio | 15.946 millóns de € (2012)[1] |
| Beneficio neto | 2.361 millóns de € (2012) |
| Número de empregados | 112.468 (xuño de 2012)[2] |
| Páxina web | inditex.com |
INDITEX (Industria de Diseño Textil Sociedad Anónima) é un grupo galego de deseño, fabricación e distribución téxtil. É o primeiro grupo europeo e o segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña.
Índice |
Historia [editar]
En 1963 Amancio Ortega e Rosalía Mera fundan unha empresa dedicada á fabricación de prendas de vestir, denominada Goa (as iniciais de Amancio Ortega Gaona ao revés). Non foi porén ata 1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominación Zara na rúa Juan Flórez[3] da Coruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea estendeuse rapidamente por toda España e en 1985 creouse INDITEX coma cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas en Porto (1988), Nova York (1989) e París (1990).
No ano 1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendas Pull and Bear e a adquisición do 65% da cadea Massimo Dutti, merca que se completou en 1995. Tamén se creou Kiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos. Bershka abriu as súas portas en 1998 e ao ano seguinte merca Stradivarius.
2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura de Oysho e a saída a bolsa do grupo o 23 de maio por un valor total dun billón de pesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selecto Ibex 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.
En 2002 crea a marca Often que sae ao mercado en 2003. En 2006 a marca pecha tendo entón 40 establecementos, 36 en España e catro en Portugal. Trinta de esas tendas foron vendidas ao empresario catalán Julián Imaz cos que creou Friday's Project. En 2010, xa ca marca Often pechada, o Tribunal Xeral da Unión Europea rexeitou a petición de Inditex para rexistrar a marca para reloxos e complementos por posible confusión ca marca española de reloxos Olten[4].
En 2011-12 a marca Oysho chegou a un acordo de deseño e colaboración con Adidas[5].
Beneficios [editar]
O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, converténdose así no primeiro grupo téxtil europeo (superando por primeira vez á empresa sueca H&M ) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericana GAP. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de € nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1.002 millóns de €, cun volume de negocio de 8.196 millóns de €[6].
Empresas do grupo [editar]
| Cadea | nº de tendas | |
| Zara | 1.659 | |
| Pull and Bear | 757 | |
| Massimo Dutti | 584 | |
| Bershka | 827 | |
| Stradivarius | 699 | |
| Oysho | 492 | |
| Zara Home | 315 | |
| Kiddy's Class - Skhuaban | 196 | |
| Uterqüe | 89 | |
| Tempe | 2 | |
| Lefties | - | |
| TOTAL | 5.620 |
| Situación | Propias | Franquías | Total |
|---|---|---|---|
| España | 1.888 | 37 | 1925 |
| Resto de Europa | 1.882 | 204 | 2.086 |
| América | 325 | 70 | 395 |
| Resto do mundo | 239 | 399 | 638 |
| Totais | 4.334 | 710 | 5.044 |
Número de tendas a 31 de xaneiro de 2010 en 77 países (actualizado a 31 de xaneiro de 2012)[7] [8]. En decembro de 2012 Inditex abriu a súa tenda número 6.000, un Zara en Oxford Street de 2.500 m2[9].
Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas como Zara Logística ou Tempe, de produción de calzado e a construtora GOA INVEST SA[10].
A roupa que non se vende despois de facer o ciclo por tódolos mercados onde está Inditex remata en mercados como o de África, fora dos círculos nos que se moven as empresas de Inditex[11].
Política ambiental [editar]
En 2007 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a multa de 60.101 euros imposta a Inditex pola Xunta por ter instalado un xerador eólico sen autorización nas súas instalacións de Sabón[12].
Entre 2007 e 2010 Inditex iniciou un proxecto de aforro enerxético e produción eléctrica construíndo unha planta de coxeración de 5.000 KW, unha instalación termo solar de 1.500 m2 e un aeroxerador de 850 KW. Entre todos producen máis da metade da enerxía consumida nas instalacións de Sabón. Nos centros loxísticos de Meco, Tordera, Zaragoza, Elche e León fixéronse instalacións fotovoltaicas[13]. O proxecto global inclúe a redución da enerxía consumida polas tendas, redución da produción de residuos e deseños ecoeficientes.
Produción [editar]
| País | Traballadores | Fornecedores | fabricantes |
|---|---|---|---|
| 230.000 | 84 | 150 | |
| 200.000 | 248 | 761 | |
| 52.000 | 114 | 174 | |
| 50.000 | 129 | 251 | |
| 50.000 | 104 | 158 | |
| 16.000 | 147 | 291 | |
| 11.000 | 69 | 232 | |
| TOTAL | Inditex ten 1.398 fornecedores, uns 5.000 fabricantes en 40 países e uns 700.000 traballadores[14]. | ||
Traballo Infantil [editar]
En 2006 o diario portugués Expresso fixo públicas fotografías en Felgueiras de nenos de 11 a 14 anos cosendo zapatos para Zara. Inditex comprometeuse a investigar o caso e declarou que no último ano ata 400 empresas deixaron de traballar para eles por diversos incumprimentos: traballo infantil, liberdade de asociación, saúde, seguridade ou medioambiente[15][16].
Inditex prescindiu de Javier Chércoles Blázquez, Director do Departamento de Responsabilidade Corporativa, por diferenzas con Pablo Isla tras unha inspección en 2008 a unha empresa que traballou para Zara en Bangladesh acusada de abusos verbais, físicos e reducións de salarios[17].
En 2011 AHA, unha contrata de Zara en Brasil, foi inspeccionada por un equipo de inspectores de traballo e axentes da policía. Liberaron a 15 traballadores a maioría bolivianos e peruanos que eran explotados en condicións de escravitude en Sao Paulo en xeiras de 16 horas diarias por un soldo miserable, algúns deles eran menores de catorce anos[17].
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Pull & Bear crece en Colombia con una nueva tienda en Bogotá. Moda.es
- ↑ Resultados Inditex 2012: gana un 32% más gracias a sus ventas en Asia (en castelán).
- ↑ El primer Zara cambia de imagen. La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Often, el único punto negro de Inditex (en castelán).
- ↑ En las entrañas de Zara. Marie Clare (en castelán)
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/57073/inditex-ganou-un-25-mais-en-2006
- ↑ (PDF) 25 de abril de 2011 (en inglés)
- ↑ Tiendas en el mundo
- ↑ Inditex abre en Londres su tienda número 6.000 en el mundo. La Voz de Galicia
- ↑ La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega. El País (en castelán).
- ↑ El amigo sirio-canario de Amancio Ortega. Faro de Vigo (en castelán)
- ↑ Multan a Inditex por construir una torre eólica en Arteixo sin autorización (en castelán).
- ↑ En Inditex se lleva el verde. La Opinión (en castelán).
- ↑ INDITEX: Responsabilidad Social Empresarial con Intervención Sindical CC.OO. 2011
- ↑ Una empresa contratada por Zara usa a niños para coser los zapatos, según un semanario portugués. 20 Minutos (en castelán)
- ↑ Zara investiga un presunto uso de trabajo infantil en Portugal. El País (en castelán)
- ↑ 17,0 17,1 Iforme Zara Solidaridad.net (en castelán)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- INDITEX
- InditexJobs
- Zara
- Pull and Bear
- Massimo Dutti
- Bershka
- Stradivarius
- Oysho
- Uterqüe
- Zara Home
- Planeta Zara. Capa LatAm y Sogecable. Vídeo en Youtube, 55'18" (en castelán)
| Bershka | Kiddy's Class - Skhuaban | Lefties |Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Tempe | Uterqüe | Zara | Zara Home |