Río Mera, ría de Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Mera
O Río Mera ao paso pola Illa
PaísGalicia
NacementoMonte Caxado
Lonxitude29 km
ConcaRío Mera
Caudal medio5 m³
DesembocaduraRía de Ortigueira

O río Mera é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace a uns 752 m de altitude, no alto do Caxado (correspondente a sector meridional da Serra da Faladoira); segundo outros autores nace da confluencia do regatos Carrís e Soutochao. Percorre 29 km, facendo medio fronteira entre os concellos das Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cerdido e Ortigueira, onde desemboca (levando case sempre a dirección sur-norte) na ría de Ortigueira, formando a enseada do mesmo nome.

Ten un caudal duns 5 m³, e ten unha cunca duns 127 km². Ao longo do percorrido recibe varios regatos, sendo o principal o Pulgueiro ou Pulgueira, que lle chega pola dereita.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]