Comarca da Terra Chá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca da Terra Chá

A Comarca da Terra Chá sitúase na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galiza con 1822,75 km². Conta con 47.697 habitantes (ano 2003). A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros -cómpre citar o castro de Viladonga- con agros e pastizais chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandeiría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiras, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

[editar] Concellos


Concellos da Comarca da Terra Chá Comarca da Terra Chá
Abadín
Abadín
Begonte
Begonte
Castro de Rei
Castro de Rei
Cospeito
Cospeito
Guitiriz
Guitiriz
Muras
Muras
A Pastoriza
A Pastoriza
Vilalba
Vilalba
Xermade
Xermade


[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra Chá
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas