Comarca da Coruña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Comarca da Coruña
Situación da comarca da Coruña
Capital A Coruña
Superficie 469.8 km²
Poboación 389.289 (ano 2008)
Densidade 828.62 hab./km²
Concellos 9
Xentilicio
Concellos da Comarca da Coruña
1.Abegondo
2.Arteixo
3.Bergondo
4.Cambre
5.Carral
6.A Coruña
7.Culleredo
8.Oleiros
9.Sada


A comarca da Coruña sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,8 km² e ten 389.289 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.


Índice

[editar] Territorio e superficie

Unha característica común dos concellos costeiros do "Arco Ártabro" é a da sua reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a comarca da Coruña. De tódolos xeitos os seus 469,8 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, Sada, que abrangue unha superficie de 27,4 km², ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,4 km².

O máis densamente poboado, o concello da Coruña acumula 6.520,3 habitantes/km² nos seus 37,6 km² de extensión, o que lle confire o título de concello con maior densidade de poboación de Galicia. Tamén a comarca da Coruña é a máis densamente poboada de toda Galicia cunha densidade de poboación de 828,6 persoas por quilómetro cadrado.

[editar] Poboación

A comarca da Coruña é a segunda comarca máis poboada de Galicia por detrás da comarca de Vigo. Os datos sobre a sua demografía mostrados nesta sección proveñen do Instituto Galego de Estatística.

[editar] Indicadores demográficos

[editar] Evolución nos últimos lustros

Concello 1991 1996 2001 2006
Abegondo 5.466 5.467 5.694 5.773
Arteixo 17.931 20.898 22.709 26.739
Bergondo 5.392 5.732 6.179 6.539
Cambre 12.330 14.972 18.691 22.092
Carral 5.229 5.184 5.282 5.579
A Coruña 246.953 243.785 239.434 243.320
Culleredo 14.631 18.513 22.076 26.547
Oleiros 18.480 23.057 26.886 31.264
Sada 8.935 9.997 11.351 13.134
Total 335.347 347.605 358.302 380.987

[editar] Emigración

[editar] Inmigración

(Fonte: IGE - Instituto Galego de Estatística)

[editar] Concellos


Concellos da Comarca da Coruña Comarca da Coruña
Abegondo
Abegondo
Arteixo
Arteixo
Bergondo
Bergondo
Cambre
Cambre
Carral
Carral
A Coruña
A Coruña
Culleredo
Culleredo
Oleiros
Oleiros
Sada
Sada


[editar] Véxase tamén


Ferramentas persoais