Grupo Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calvo
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1940
Matriz Luis Calvo Sanz SA
Localización Estrada Coruña-Fisterra, Km 34,5 Carballo 15106 A Coruña Galicia Galicia
Fundador Luis Calvo Sanz
Persoas clave José Luis Calvo Pumpido (Presidente)
Manuel Calvo García-Benavides (Director)
Industria Alimentación
Produtos Conservas
Pratos precociñados
Número de empregados 4.000
Páxina web mundosacatun.com

Grupo Calvo é unha empresa galega de alimentación con sede en Carballo (A Coruña)[1]. Calvo adícase á pesca, produción, transformación e comercialización de conservas de peixe e pratos precociñados. A empresa vende os seus produtos en 60 países.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da empresa están na Maragatería previo paso por Cuba. A familia Calvo estableceuse en Carballo a finais do século XIX[2]. Dende entón é unha empresa familiar.

Calvo foi creada en 1940 por Luis Calvo Sanz. En 2004 Calvo mercou a marca brasileira Gomes da Costa, pasando a ser unha das cinco maiores empresas conserveiras do mundo. En 2008 Calvo colleitou unhas ganancias de dous millóns de euros.[3]. O Grupo Calvo está agrupado baixo o nome de Luis Calvo Sanz, S.A.

En 2012 a multinacional Bolton International Group comprou o 40% das accións da empresa por uns 125 millóns de euros[4].

A empresa ten sucursais en El Salvador,Venezuela e Costa Rica e filiais en Italia e Brasil.

Produtos[editar | editar a fonte]

  • Conservas de peixes e marisco
  • Pratos precociñados

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información legal." Calvo. Consultado o 1 de setembro de 2010.(en castelán)
  2. José Luis Calvo, desde Carballo para el mundo. El País (en castelán)
  3. "Calvo comes out on top." FIS United States. Consultado o 1 de setembro de 2010. (en inglés)
  4. Grupo Calvo - Luis Calvo Sanz, S.A. (Group Headquarter) (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]