Comarca de Ferrol
| Capital | Ferrol |
| Superficie | 623,5 km² |
| Poboación | 163.158 (2008) |
| Densidade | |
| Concellos | 11 |
| Xentilicio | |
A Comarca de Ferrol sitúase na provincia da Coruña. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos.
A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas: Ferrolterra, integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a ría de Ferrol; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da Comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977. Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas. A terceira consiste en Cedeira.
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior.
Índice |
Concellos [editar]
Pertencen á Comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Concellos da Comarca de Ferrol | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ares |
Cedeira |
Fene |
Ferrol |
Moeche |
Mugardos |
Narón |
Neda |
San Sadurniño |
As Somozas |
Valdoviño |
|
|||||