AG-64
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede de alta capacidade | |||
| Tipoloxía | Autovía | |||
| Ruta Europea | - | |||
| Inicio | Ferrol | |||
| Fin | Vilalba | |||
| Lonxitude | 56,3 km | |||
A Autovía Ferrol - Vilalba ou AG-64 é unha vía de altas prestacións autonómica galega, que une as cidades de Ferrol e Vilalba.
Empeza na AC-116 no límite entre os concellos de Narón e Ferrol, e finaliza na AC-861 nas Pontes, aínda que está en construción a prolongación ata Vilalba. Ten 9 ligazóns, delas, 8 son totais e 1 parcial.
Esta autovía foi construída en 4 fases: a primeira Ferrol - A Casanova entre 2003 e 2004; a segunda A Casanova - Igrexafeita en 2004, a terceira Igrexafeita - As Pontes, na que as obras concluíron finalmente en setembro de 2007 con máis dun ano de atraso debido á inestabilidade dun talude; e a cuarta As Pontes - Cabreiros entre 2005 e 2008, onde enlaza coa LU-540 cara Muras e Viveiro. Houbo gran polémica pola destrución dos restos dun Círculo Lítico que se achaban en pleno trazado da autovía.
En febreiro do 2010 foi posta en servizo o treito ata Vilalba, no treito Cabreiros - Vilalba, onde liga coa Autovía do Cantábrico, a A-8
[editar] Saídas
| Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
|---|---|---|
| Ferrol por AC-116 | AC-116 | |
| Porto Exterior de Ferrol | N-655 | |
| Val Meirás Polígono Río do Pozo |
AC-116 | |
| Castro | ||
| Valdoviño Cedeira |
AC-566 | |
| Ortigueira Viveiro Ferrol |
AC-862 | |
| San Sadurniño | AC-125 | |
| Igrexafeita | AC-861 AC-125 | |
| Espiñaredo Somozas |
AC-861 | |
| Saa Polígono de Penapurreira |
AC-142 | |
| As Pontes (Oeste) Polígono de Penapurreira A Capela |
AC-861 | |
| As Pontes (Sur) Polígono Os Airíos |
AC-7003 AC-7001 | |
| Cabreiros Muras Xermade Viveiro |
LU-540 LU-861 LU-170 | |
| Vilalba | A-8 |