Reganosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′44.34″N 8°14′21.36″W / 43.4623167°N 8.2392667°W / 43.4623167; -8.2392667

Reganosa
Planta de Gas.JPG
Reganosa vista dende a Ría de Ferrol
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1999
Matriz Grupo Tojeiro
Localización Punta Promontoiro, s/n. 15620 Mugardos, A Coruña Galicia Galicia
Fundador Roberto Tojeiro Díaz
Persoas clave José María Paz, Director[1]
Grupo Toejeiro 36%
Xunta de Galicia 17,5%
Enagás 21%
Sonatrach 10%
ENI[2]
Industria Enerxía
Produtos Gas natural
Páxina web reganosa.com


Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna.

Inicios do proxecto[editar | editar a fonte]

As orixes da pranta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construir unha pranta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formaliades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a pranta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a ubicación na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol[3].

Situación legal[editar | editar a fonte]

Reganosa en construción

Dende que o grupo Tojeiro, promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos, se formou un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da Unión Europea para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.

Coa chegada en maio de 2007 do Galicia Spirit[4], o primeiro gaseiro de 280 metros de eslora e 140.000 metros cúbicos de gas LNG, á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito de estes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012[5] e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio[6].

Dende a posta en marcha da planta o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol organiza concentracións cada vez que un gaseiro entra na Ría de Ferrol.

REGANOSA tivo un déficit de 58 millóns de euros en 2011.[7] En outubro de 2013 a empresa anunciou o pintado dos tanques de gas do complexo para mellorar a súa imaxe e integración co contorno[8].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]