Ría do Barqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°44′41″N 7°40′50″W / 43.74472°N 7.68056°W / 43.74472; -7.68056

Vista da ría.
Localización da ría do Barqueiro.

A ría do Barqueiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.

Localización[editar | editar a fonte]

Sitúase entre os concellos do Vicedo na provincia de Lugo e Mañón na provincia da Coruña. Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira.

Dálle nome á localidade do Barqueiro, porto pesqueiro do concello de Mañón, así mesmo ábrese á ría a capitalidade do Vicedo.

Imaxes[editar | editar a fonte]