Río Anllóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anllóns
Ponte sobre o río Anllóns.jpg
Ponte sobre o río Anllóns na vila de Ponteceso, preto da súa desembocadura.
País Galicia Galicia
Rexión n/d
Nacemento Montes de Xalo
Altitude n/d
Lonxitude 54.4 Km
Caudal medio 9.931 m³/s
Conca
Desembocadura Ría de Corme e Laxe

O Anllóns é un río galego que nace nos montes do Xalo, a 400 metros de altitude, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Pertence á vertente atlántica. Foi declarado lugar de importancia comunitaria no 2001.

Índice

Descrición [editar]

Percorrido [editar]

Percorre 54.4 km polos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco e Ponteceso.

Afluentes [editar]

Recibe as augas de un bo número de regatos como o Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.

Réxime hídrico [editar]

O seu caudal medio é de 9.931 m³/s.

Intervención Humana [editar]

Construcións [editar]

No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.

Aproveitamento [editar]

No Anllóns, e xa no concello de Ponteceso, atopase a coñecida como "Presa de don Manolo"[Cómpre referencia], hoxe xestionada por Gas Natural Fenosa. Tamén no concello de Ponteceso atópase o encoro de Anllóns, da empresa Hisdrospania, e no de Cabana de Bergantiños o de Corcoesto, de Unión Fenosa.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Galería de imaxes [editar]

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Anllóns