Comarca de Bergantiños
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha comarca de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas comarcas de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bergantiños.
| Capital | Carballo |
| Superficie | 742 km2 |
| Poboación | (ano 2007) 69960 |
| Densidade | hab./km² |
| Concellos | 7 |
| Xentilicio | |
A Comarca de Bergantiños abarca unha superficie de 742 km2 e tiña 69.960 habitantes no ano 2007 distribuídos en sete concellos: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Situación
Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co Oceano Atlántico e a Comarca da Coruña, ao sur coa Comarca do Xallas e a Comarca da Terra de Soneira, ao leste coa Comarca de Ordes e ao oeste co Océano Atlántico.
[editar] Ríos
O río máis importante é o río Anllóns que forma un val no seu discorrer polas terras de Bergantiños e na súa desembocadura forma un estuario que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta.
[editar] Montes
[editar] Praias
Bergantiños dispón de numerosas praias sendo as máis importantes as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio.
[editar] Portos
Destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.
[editar] Lugares de interese
Arqueoloxicamente destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, as Torres de Mens e entre os espazos naturais o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, a praia de Traba, a praia de Razo, o porto de Malpica, e as illas Sisargas xunto co Cabo de Santo Adrián.
[editar] Principais núcleos de poboación
Os principais núcleos de poboación por concello son:
- Concello de Cabana de Bergantiños: Neaño e Canduas.
- Concello de Carballo: Carballo, Bertoa.
- Concello de Coristanco: Coristanco.
- Concello de A Laracha: Laracha, Paiosaco.
- Concello de Laxe: Laxe, Traba de Laxe.
- Concello de Malpica: Malpica, Buño.
- Concello de Ponteceso: Ponteceso, Corme, Pazos.
[editar] Historia
[editar] Como chegar
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Bergantiños
-
Pazo da Cultura (Carballo)
-
Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.
-
Vista panoramica de Laxe.
-
Capela do Santo Hadrián coas Illas Sisargas o fondo.(Malpica de Bergantiños)
-
Pazo de Eduardo Pondal (Ponteceso)
[editar] Concellos da Comarca de Bergantiños
| Concellos da Comarca de Bergantiños | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabana de Bergantiños |
Carballo |
Coristanco |
A Laracha |
Laxe |
Malpica de Bergantiños |
Ponteceso |
|
|
|||||
|
|||||
