Río Xallas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xallas.
Xallas
Río Xallas, desembocadura.
Río Xallas, desembocadura.
País Galicia
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 65 km
Caudal medio 13 m³ por segundo
Conca 504 km²
Desembocadura Ría de Ézaro

O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace no monte Castelo (Coristanco), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e, desde 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.

Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande, Vilar García...

Boa parte do seu curso, o caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel se teñen construído. En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, oxe parte do grupo FerroAtlantica, asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do século XX. En Ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Xallas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas