Comarca do Eume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Eume

A Comarca do Eume sitúase no nordeste da Provincia da Coruña. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa Comarca de Betanzos e ao este coa Comarca da Terra Chá pertencente á Provincia de Lugo.

Características [editar]

Ten unha superficie total de 576'2 km², o que supón o 1'95% da superficie total de Galiza. A poboación total da comarca é de 27.760 habitantes, aproximadamente o 1% do total da poboación galega, e a densidade de poboación é de 48'18 habitantes por km².

A comarca recibe o seu nome do Río Eume, río que alberga nas suas marxes o parque natural das Fragas do Eume, nos que se atopan o medieval Mosteiro de San Xoán de Caaveiro e o Mosteiro de Monfero.

Pertencen á Comarca do Eume os seguintes concellos: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero

Galería de imaxes [editar]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Eume

Véxase tamén [editar]


Concellos da Comarca do Eume Comarca do Eume
Cabanas
Cabanas
A Capela
A Capela
Monfero
Monfero
Pontedeume
Pontedeume
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes