Belas Artes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura.

De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impactar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vanguardas no século pasado).

División clásica[editar | editar a fonte]

Os gregos antigos dividían as artes en superiores e menores, sendo as artes superiores aquelas que permitían gozar as obras por medio dos sentidos superiores, vista e oído, cos que non fai falta entrar en contacto físico co obxecto observado. As Belas Artes eran seis: arquitectura, escultura, pintura, música, declamación e danza. A declamación inclúe a poesía e coa música inclúese o teatro. Esa é a razón pola que o cine é chamado a miúdo, hoxe, a sétima Arte.

As belas artes[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Existen distintas definicións de Música:

  • Arte que combina os sons conforme aos principios da melodía, a harmonía e o ritmo.
  • Movemento organizado de sons a través dun espazo de tempo.

Danza[editar | editar a fonte]

Movementos corporais rítmicos que acompañados xeralmente de música serven como vehículo de comunicación e expresión.

Declamación[editar | editar a fonte]

Arte consistente no exercicio da retórica e a recitación.

Pintura[editar | editar a fonte]

  • Arte de plasmar sobre unha superficie motivos de natureza moi diversa, normalmente mediante pigmentos diluídos.
  • Arte de proxectar un debuxo por medio de liñas, puntos e cores.
  • Arte de fixar sobre un obxecto perdurable unha imaxe ou momento.

Escultura[editar | editar a fonte]

  • Arte de crear formas no espazo, tanto exentas como en relevo.
  • É a arte de tallar, esculpir ou moldear.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

  • Arte ou ciencia de proxectar e construír edificios perdurables no tempo que cumpran unha función e *provoquen pracer estético*. Arte e ciencia de deseñar construcións.
  • Arquitectura é a arte de crear espazos nun lugar xeográfico, un momento histórico, para que a humanidade desenvolva as súas actividades de convivencia social, de entretemento e familiares, cumprindo coa verdade útil mecánico-construtiva, económica e social, que sexa belo e teña carácter (concordancia entre programa e proxecto).

Belas Artes é tamén unha licenciatura universitaria nalgúns países, como a Arxentina, España ou México. En España, esta licenciatura comprende especialidade en conservación e restauración de obras de arte, deseño, fotografía, pintura, debuxo ou gravado (distribuídos en diferentes especialidades).