Fundación Amancio Ortega
Fundación Amancio Ortega | |
---|---|
Tipo | Educativa. |
Data de fundación | 10 de xullo de 2001 |
Fundador(es) | Amancio Ortega |
Presidente/a | |
Localización | |
Sede | Arteixo |
Enderezo | Avenida da Deputación, s/n 15143 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.faortega.org/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación Amancio Ortega (FAO) é unha organización sen ánimo de lucro xurdida ao abeiro do éxito internacional de Inditex, sendo o seu presidente e fundador o propio Amancio Ortega.
Historia e obra social[editar | editar a fonte]
Desde os seus comezos centrou boa parte da súa actividade na educación dos máis pequenos, co proxecto Ponte dos Brozos de Arteixo, para educar mediante o uso das novas tecnoloxías.[1] Este proxecto iríase ampliando nos seguintes anos aos institutos de educación secundaria obrigatoria do mesmo concello.[2]
En marzo de 2012, a FAO asinou un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar polo que habería financiar a construción de nove escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos nas localidades da Coruña, Arteixo, Cambre, Ferrol, Lugo, Melide, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Esta iniciativa contou cun investimento aproximado de máis de 15 millóns de euros.
En setembro de 2014 a institución benéfica Padre Rubinos inaugurou as súas novas instalacións duns 15 000 metros cadrados en Labañou grazas ao financiamento da FAO.[3] A finais dese mesmo ano a fundación asinou un convenio co Banco de Alimentos polo que este recibiría catro millóns de euros para a mellora das súas infraestruturas.[4]
En 2015 anunciouse a construción dunha residencia para maiores en Arteixo, nos terreos anexos á escola infantil que a propia FAO acabara de promover.[5] Ese mesmo ano, a fundación convocou 200 prazas bolseiras para realizar o primeiro curso de bacharelato nos Estados Unidos de América e o Canadá.[6][7] Dous anos máis tarde o número de prazas ofertadas xa ascendía a 500.[8]
A finais de marzo de 2017 fíxose pública a doazón duns 320 millóns de euros para a loita contra o cancro, mediante a adquisición de equipos de última xeración para modernizar as unidades de detección e tratamento radioterápico en hospitais públicos.[9]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ culturagalega.org (2005-01-18). "A fundación Amancio Ortega desenvolve en Arteixo un proxecto piloto para educar aos nenos aplicando as novas tecnoloxías. A revolución das masas polo outro Ortega". culturagalega.org. Consultado o 2017-04-09.
- ↑ "La Fundación Amancio Ortega convierte al IES Pastoriza en el único centro con un ordenador portátil por alumno". La Región (en castelán). Consultado o 2017-04-09.
- ↑ La Opinión de A Coruña. "Padre Rubinos presenta su nueva sede, financiada por la Fundación Amancio Ortega". Consultado o 2017-04-09.
- ↑ "Toneladas de solidaridad". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-11-29. Consultado o 2017-04-09.
- ↑ "La Fundación Amancio Ortega también construirá una residencia de mayores en Arteixo". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-02-14. Consultado o 2017-04-09.
- ↑ "La Fundación Amancio Ortega dobla las becas para estudiar en América". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-01-08. Consultado o 2017-04-09.
- ↑ EFE, Zaragoza. "La Fundación Amancio Ortega beca a 27 aragoneses para estudiar en EE. UU. y Canadá". heraldo.es. Consultado o 2017-04-09.
- ↑ La Opinión de A Coruña. Redacción (29-01-2017). "La Fundación Amancio Ortega concede 500 nuevas becas para EEUU y Canadá". Consultado o 09-04-2017.
- ↑ "La Fundación Amancio Ortega dona 320 millones de euros a la lucha contra el cáncer. Noticias de Sociedad". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2017-04-09.