Sandra Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sandra Ortega
Nome completoSandra Ortega Mera
Nacemento19 de xullo de 1968
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónempresaria
PaiAmancio Ortega
NaiRosalía Mera
CónxuxePablo Gómez
IrmánsMarta Ortega
editar datos en Wikidata ]

Sandra Ortega Mera, nada na Coruña o 19 de xullo de 1968[1], é unha empresaria galega, unha das principais accionistas de Inditex.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a filla maior de Amancio Ortega e a súa primeira muller, Rosalía Mera.[2] Ten o grao en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Após a morte da súa nai, Rosalía Mera, en 2013, herdou a participación do 7% que esta tiña en Inditex, a empresa fundada polo seu pai Amancio Ortega, co que se converteu na muller máis rica de España cun valor neto de 7300 millóns de dólares.[3]

O seu grupo empresarial, Rosp Corunna, acadou 2015 e 2016 uns beneficios de 105 e 89,6 millóns de euros respectivamente.[4]

Ortega traballa coa fundación creada pola súa nai para persoas con discapacidade mental e física, a Fundación Paideia Galiza.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 País, Ediciones El (2013-08-24). "Sandra Ortega: Una heredera multimillonaria que conduce un utilitario". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-03-01. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (15 de agosto de 2013). "La mujer que tejió un imperio". El País (en castelán). 
  3. elEconomista.es. "Estas son las 10 mujeres más ricas de España - elEconomista.es". Consultado o 2017-03-01. 
  4. "La sociedad de Sandra Ortega gana 90 millones y aumenta su cartera inmobiliaria internacional". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-03. Consultado o 2017-08-03. 
  5. "Sandra Ortega, la misma política financiera que... su padre". Consultado o 5 February 2016.