Seoane, As Pontes de García Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seoane
Igrexa de San Xoán de Seoane.
ConcelloAs Pontes de García Rodríguez[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°56′05″N 8°45′48″O / 42.93461835, -8.7633463Coordenadas: 42°56′05″N 8°45′48″O / 42.93461835, -8.7633463
Poboación8 hab. (2019)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Seoane é unha parroquia que se localiza no oeste do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 8 habitantes (3 mulleres e 5 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 9 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Esta parroquia, co seu antigo nome de San Xoán de Seixa segregouse do concello da Capela xunto coas de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Goente que pasaron a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.[3][4]

A partir dos primeiros anos da década de 1970 foi perdendo entidades de poboación debido á expansión da escombreira da mina de lignito a ceo aberto das Pontes, ata quedar reducida aos dous lugares que actualmente a compoñen. No ano 1985 xa cambiara o seu antigo nome polo actual.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seoane[editar | editar a fonte]

Parroquias das Pontes de García Rodríguez[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]