Preferente Autonómica de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Preferente Autonómica de Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Autonómica de Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A, ata a década dos setenta, e despois como Rexional Preferente.

Índice

Sistema de competición [editar]

Distribución xeográfica dos equipos que xogan na Preferente Galega, tempada 2010-11

A categoría está formada por 40 equipos repartidos en dous grupos de 20:

  • Preferente Norte, formada por equipos das provincias de Lugo e A Coruña.
  • Preferente Sur, formada por equipos das provincias de Ourense e Pontevedra.

Aínda que esta é a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza[1].

Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascenden directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogan unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría depende do que suceda cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descenden á Primeira Autonómica de Galicia.

Equipos participantes na tempada 2012–13 [editar]

Preferente Norte [editar]

Equipo Cidade Campo
Bertamiráns Bertamiráns (Ames) As Pateiras
Boiro Boiro Barraña
Carral Carral O Castro
Chantada Chantada Sangoñedo
Dubra Bembibre (Val do Dubra) O Faxón
Dumbría Dumbría Municipal
Galicia de Mugardos Meá (Mugardos) A Pedreira
Grixoa Grixoa (Santiago de Compostela) Augas Santas
Laracha A Laracha Municipal de Laracha
Lemos Monforte de Lemos Luis Bodegas
O Páramo O Páramo As Rapadas
Ribadeo Ribadeo Pepe Barrera
Silva A Coruña A Grela
Soneira Vimianzo Municipal
Sporting Sada Sada As Mariñas
Taboada Taboada A Medela
O Val O Val (Narón) Sinde
Viveiro Viveiro Cantarrana
Xallas de Santa Comba Santa Comba A Fontenla


Preferente Sur [editar]

Equipo Cidade Campo
Arenteiro O Carballiño Espiñedo
Arousa Vilagarcía de Arousa A Lomba
Atios Atios (O Porriño) O Carballo
Barco O Barco de Valdeorras Calabagueiros
Choco Redondela Santa Mariña
Cultural Areas Areas (Ponteareas) A Lomba
Estradense A Estrada A Baiuca
Gondomar Gondomar As Gaiandas
O Grove O Grove Monte da Vila
Lalín Lalín Manuel Anxo Cortixo
Marín Marín San Pedro
Mondariz Mondariz A Lagoa
Ponte Ourense Ourense Oira
Pontellas Pontellas (O Porriño) San Campio
Pontevedra B Pontevedra A Xunqueira
Portonovo Portonovo (Sanxenxo) Baltar
Ribadumia Ribadumia A Senra
Valadares Valadares (Vigo) A Gándara
Verín Verín Xosé Argiz
Xuventú de Sanxenxo Sanxenxo Baltar de Arriba


Historial [editar]

Temp. Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Equipos que ascenderon a Terceira
08–09 Racing Vilalbés Cultural Areas Racing Vilalbés, Cultural Areas e Bergantiños
09–10 Mesón do Bento Portonovo Mesón do Bento, Portonovo, Estradense e As Pontes
10–11 Betanzos Lalín Betanzos, Lalín, CD Dorneda e Xuventú de Sanxenxo
11–12 Compostela Barbadás Compostela, Narón, Barbadás e Céltiga


Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]