Gandería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rabaño de ovellas.
Porcos autóctonos de Mallorca, España.

A gandería ou gandaría é unha actividade económica, dedicada é a cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de medio ambiente, que é o medio rural ou agroecosistema.

Historia da gandería[editar | editar a fonte]

A gandería comezou no neolítico, cando o home iniciou a domesticación de animais herbívoros como vacas, ovellas, cabras e abandonou a caza e a recolección de froitos. Estes animais como o gando vacún serviron, ademais de proporcionar carne, como animais de carga de mercancías, tiro do arado, proporción de peles e máis tarde de leite e derivados. O esterco acumulado nos cortellos serviría para fertilizante dos primeiros cultivos. Estes mesmos animais axudarían ao desmonte dos bosques e a creación de pastos. Nas rexións do hemisferio norte, o gando trasladaríase segundo as estacións desde as zonas frías ás amornadas no inverno, e desde as calorosas ás máis frescas no verán..

Afírmase que é anterior á agricultura, resultando da mellora dos cazadores-recolectores, que deseguido de aprenderen a cazar os animais vivos para matalos, déronse de conta da posibilidade e utilidade da súa cría.

Nas primeiras estapas da gandaría, o home continuaba nómade, e na maioría das veces conducía os seus rabaños domesticados sen procurar xa a caza senón novos pastos para alimentar o rabaño.

Aínda que non hai probas da práctica da agricultura antes do 8000 a.C., os seus efectos foron drásticos sobre a gandaría, pois a agricultura fixou o home no lugar do plantío, co cal tiveron que inventarse novas solucións en sustitudión da gandaría nómade.

Clasificación da industria gandeira[editar | editar a fonte]

A industria gandeira clasifica ao gando dsegundo o fin deste:

  • Gando de cría
  • Gando de engorde
  • Gando leiteiro

Formas de explotación[editar | editar a fonte]

Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña (as tres máis altas de España) e Portugal entre 1995 e 2004.

Segundo a forma de tratamento dos animais, a gandería pode clasificarse en:

  • Gandería extensiva: É onde se utilizan grandes extensións de terreo, dedicado ao crecemento do gando. Mantéñense con arbustos e plantas que nacen e se desenvolven naturalmente. Este tipo de explotación leva á deforestación de bosques e á extinción de especies animais, ademais de pór en risco comunidades indíxenas que dependen dos recursos naturais.
  • Gandería intensiva: É un sistema de produción agrícola que fai un uso intensivo dos medios de produción . Por iso, pódese falar de agricultura intensiva, en man de obra, en insumos e en capitalización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]