Henrique II de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museu do Prado, Madrid.

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Dona Leonor de Guzmán e como tal medio-irmán de Pedro I de Castela.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Sevilla, foi o cuarto dos dez fillos e fillas extramatrimoniais de Afonso XI de Castela e de dona Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León (tataraneta do Rei Afonso IX de León). Por orde de seu pai, foi criado e educado polo preceptor real don Rodrigo Álvarez Asturias, Conde de Trastámara (parente do propio monarca), quen en 1345 cedeu o título de Conde de Trastámara (de Trans Támaris, "Máis alá do Río Tambre", na Galiza) a Don Henrique, como herdeiro legal seu. E con este título, conde de Trastámara, inaugurou a dinastía de Trastámara no trono de Castela e León en 1369.

Tiña os alcumes de o magnífico e tamén el de las Mercedes: dispensaba larguezas para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña D. María de Portugal (en 1350), revolveuse contra o seu irmán Pedro I de Castela, apoiándose no aliado Pedro IV de Aragón. Para algúns autores a morte da mai e do seu irmán D. Frederico ou Fradique, ás mans do rei, o seu irmán, fíxolle decidir lanzarse no camiño do crime, receando pola súa vida.

Fuxiu en 1356 para a Francia, cando o irmán subiu ao trono. Recibiu axuda en 1365 do rei Carlos V de Francia que mandou Bertrand du Guesclin levar a Castela as Grandes Compagnies para combater a Pedro e o seu aliado inglés, o Príncipe Negro. Vencido o 3 de abril de 1367 en Nájera polo Príncipe Negro, sendo preso Bertrand, fuxiu para Aragón. Libre, Bertrand du Guesclin logo obtivo a vitoria de Montiel (1369). Sitiou o irmán, cos mercenarios de du Guesclin, en Montiel, na Mancha, e asasinouno nunha entrevista o 23 de marzo de 1369.

Gobernou 10 anos apoiado pola Francia, na súa guerra contra as fillas de Pedro, chamadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a Fernando I de Portugal e Xoán de Gante, Duque de Lancaster, pretendentes da Coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En 1372 a súa flota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses La Rochelle.

O 23 de marzo de 1369 asasinou o irmán don Pedro, colocando así un punto final no conflito que había moito se arrastraba e opuña os dous irmáns na loita polo poder. Este acontecemento traería graves consecuencias, xa que gran parte das cidades apoiaban o reinado de D. Pedro. Henrique parte para a Guerra dos Cen Anos, pasando a maioría do seu reinado combatendo as pretensións de Xoán de Gante, fillo de Eduardo III de Inglaterra, que reclamaba o trono por dereito da súa segunda esposa, filla de Pedro.

Henrique II foi o primeiro nobre en utilizar o anti-semitismo como unha ferramenta política na España, o que conduciu á extinción da convivencia, e a un período de tumultos e conflitos, e pode considerarse como precedente á persecución dos xudeus pola Inquisición Española, iniciada cen anos despois.

Casamento e descendencia[editar | editar a fonte]

Henrique II (sentado no trono) observando a decapitación do seu medio-irmán Pedro I (manuscrito existente na Biblioteca Nacional de París).

Casou en 1350 con Xoana Manuel de Peñafiel ou de Castela (1333-1381 Salamanca), señora de Lara e Biscaia, señora de Peñafiel, de Escalona, de Villenaet; filla de Branca ou María de la Cerda (1311-1347) (filla do Infante Fernando de la Cerda, en 1328 casado con Xoana de Lara) e de Juan Manuel de Castela, señor de Villena, Peñafiel e Escalona, o Escritor, neto de Fernando III de Castela. Dela tivo dous fillos.

Máis tarde casou en segundas nupcias con Elvira Iñiguez de la Vega, coa que tivo fillos co sobrenome «Henriquez de Noroña».


  1. Xoán I de Castela (24 de agosto de 1358- outubro de 1390)
  2. Bastardo, Afonso, conde de Xixón e Noroña chamado Afonso Henriquez, fillo de dona Elvira Iñiguez de la Vega: naceu en 1355 e morreu despois de 1395. Casado en Burgos en 1373 con D. Isabel (1364-1395), filla bastarda de D. Fernando I de Portugal. Esta alianza consta dun dos artigos de paz que os dous reis celebraron. Con descendencia, inclusive os marqueses de Anxexa en Portugal.
  3. Pedro de Noroña, morto en 20 de agosto de 1452, arcebispo de Lisboa, que tivo fillos bastardos dunha D. Branca Perestrelo, muller de nobre condición.
  4. Tamén bastarda tida de dona Elvira Iñiguez de la Vega: Infanta Leonor de Castela (1363-5 de marzo de 1415 Olite, sepultada en Pamplona). Raíña de Navarra, pois casou en Soria o 27 de maio de 1375 con Carlos de Ebreux (1350-1425), en 1387 Rei da Navarra como Carlos III de Navarra, o Nobre, fillo de Carlos II e de Xoana de Francia. En 1387, pouco antes de el subir ao trono, Leonor fuxiu para Castela, ligándose a rebeldes. Sitiada no seu castelo de Roa, aprisionouse polo sobriño Henrique III de Castela, el doliente, que a devolveu ao marido en 1395. Tiveron unha filla que foi Branca de Navarra ou de Ebreux, cuxo 2° marido foi Xoán II de Aragón.
  5. Infanta Xoana de Castela. Tivo o seu casamento tratado, por volta de 1378, con Pedro de Aragón, morto en 1385, marqués de Villena.
  6. de dona Elvira, Infanta Constanza de Castela, señora de Alba de Tormes. Casada en Valencia en 1379 co Infante D. Xoán de Portugal (morto en 1397) Marqués de Villena, Duque de Valencia.
  7. de Xoana de Cifuentes: Infanta Xoana de Castela, casada en 1376 co Infante Dinis de Portugal (morto en 1397).
  8. de Beatriz Ponce de León: Federico de Castela, morto en 1394, en Almodóvar del Río. Duque de Benavente. Casou con Leonor de Albuquerque. Pais de Leonor de Castela (1392-1470 en Calabazanos), casada en 1408 con Pedro Manrique de Lara, señor de Amusco.
  9. de Beatriz Ponce de León: Henrique de Castela (1378-1404), duque de Medina Sidonía.
  10. de Beatriz Ponce de León: Beatriz de Castela e Ponce de León (morto en 1409 en Sevilla) señora de Niebla. Casou en 1371 con Juan Alfonso de Guzmán (morto en 1396), señor de Medina Sidonía e Sanlúcar, Conde de Niebla, descendente directo de Guzmán el Bueno. Henrique II lle deu por dote o condado de Niebla. Os Pérez de Guzmán incorporaron así ao seu escudo os Castelos e os Leóns da Casa Real de Castela, dela descendentes por Dona Beatriz, filla e neta de reis. En 1445 Don Xoán II deu o título de duque de Medina Sidonia ao 3º conde de Niebla, Don Juan Alonso de Guzmán y Figueroa, quen acrecentou a as súas armas a Coroa Ducal.
  11. de Beatriz Fernández: Fernando de Castela (1365-1438), señor de Puenas e Alcazovas, casado con Leonor Sarmiento.
  12. de Beatriz Fernández, María de Castela, señora de Vilafranca, casada con Diego Hurtado de Mendoza.
  13. de Leonor Álvarez (morta en 1369), Leonor de Castela, nada en Guadalaxara en 1375).
  14. de mai descoñecida: Pedro de Castela (morto en 1366 en Segovia).
  15. de mai descoñecida: Isabel de Castela, morta en 1404 en Almagro). Casada con Gonzalo de Guzmán.
  16. de mai descoñecida, Isabel de Castela, freira.
Predecesor:
Pedro I
Rei de Castela e de León
1366-1367
Blason Castille Léon.png
Sucesor:
Pedro I
Predecesor:
Pedro I
Rei de Castela e de León
1369-1379
Blason Castille Léon.png
Sucesor:
Xoán I