Encoro da Ribeira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos[1].
O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw[2]. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.
O encoro está, na súa totalidade, no concello de As Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila de As Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil-Endesa[3], úsao como zona de adestramento.
[editar] Notas
- ↑ Análise da situación do río Eume da asociación Ríos con Vida (en castelán).
- ↑ Minicentrais hidroeléctricas galegas:Listado do Inega
- ↑ Páxina web do Club Grupo Xuvenil-Endesa (en castelán).