As Pontes de García Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "As Pontes")
As Pontes de García Rodríguez
Bandeira de As Pontes de García Rodríguez Escudo de As Pontes de García Rodríguez
Concello As Pontes 1.jpg
Casa do Concello.
Situación
Situacion As Pontes de García Rodríguez.PNG
Xentilicio[1] pontés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Eume
Poboación 11.431 hab. (2009)
Área 249,4 km²
Densidade 45,65 hab./km²
Entidades de poboación 13 parroquias
Capital do concello As Pontes de García Rodríguez
Política (2011)
Alcalde Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
Concelleiros BNG: 4
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 12
Outros: -
Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 94,09 %
Sitio web oficial
www.aspontes.org

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2010 tiña 11.336 habitantes (11.697 no 2006, 11.771 no 2005, 11.911 no 2004, 12.108 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra chá ó leste e Ferrol ó oeste.

Evolución da poboación de As Pontes de García Rodríguez - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.626  5.026  5.951  11.158  11.911  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 11.336
Menores de 15 anos 1.058 (9,33%)
Entre 15 e 64 anos 8.146 (71,86%)
Maiores de 65 anos 2.132 (18,81%)

Índice

[editar] Xeografía

Abrangue unha superficie de 249,4 km². Limita ao norte con Mañón e Ortigueira, ao leste e surleste con Muras e Xermade, ao sudoeste con Monfero, e ao oeste coa Capela, San Sadurniño e As Somozas.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O Monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Ó seu redor hai outros montes como A Pena da Loba (658 m), O Macizo Sucadio (667 m), os Macizos de Peñas de Noite (626 m) ou o de Deveso (558 m).

Os ríos que discorren polo concello son en xeral caudalosos, cun réxime bastante regular. Destaca entre eles o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca.

No concello aséntase gran parte do parque natural das Fragas do Eume que bordea o Encoro do Eume.

[editar] Historia

No concello atopáronse varios obxectos prehistóricos, máis de 125 mámoas, anacos de cerámica e inclusive vasos correspondentes á Cultura Campaniforme. Entre os anos 6000 e 2800 a. C. crese que un importante asentamento humano poboaba a zona, aínda que a maioría dos restos atopados son sobre enterramentos e non sobre a vida. Mesmo hai teorías que din que o val era una inmensa tumba para os pobos nómades da zona.

Hai numerosas probas da romanización da zona como poden ser varios sarcófagos paleocristiáns atopados na vila e restos de vivendas romanizadas. É de grande importancia a ponte romana que aínda se conserva sobre o río Chamoselo.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.

Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos... e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nós... facemos vos donación pura y perpetua... del lugar de las Puentes de Hume

A súa liñaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Porén, deixou pegada nas numerosas pontes que mandou construír no río Eume, destacando entre elas a ponte dos Ferros tamén coñecida como ponte vella.[3]

Segundo o Catastro de Ensenada de 1752, residían por aquel entón, no casco urbano pontés, pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispuña dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregrinos e viandantes. O edificio, cuxo recordo dá nome á praza principal das Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do século XIX e escola ata a segunda década do século XX, no que foi derruído por orde municipal. A finais do século XVIII José Cornide Saavedra comunica á Real Sociedad Económica de Amigos del País a existencia en As Pontes de García Rodríguez de xacementos de lignito. En 1862 levantaríase unha nova ponte construída na época de Isabel II de España e de quen recibe o nome.

[editar] Goberno municipal

Aquilino Meizoso foi alcalde entre 1987 e 1995, en representación da agrupación independente Amigos de As Pontes. Tralos comicios de 1995, resultou elixido alcalde Víctor Guerreiro, do BNG, que sería destituído dous anos máis tarde nunha moción de censura que aupou ao socialista Vicente López Pena á alcaldía. Victor Guerreiro obtivo senllas maiorías absolutas para o BNG nas eleccións de 1999 e 2003.

O PSdeG-PSOE converteuse na forza máis votada nas eleccións de 2007, con 8 concelleiros, os mesmos que o BNG, que perdeu a súa maioría no Concello. Valentín González Formoso converteuse en alcalde á fronte dun goberno municipal socialista en minoría, perante os 8 edís do BNG e o único concelleiro do PP.

[editar] Economía

A economía depende principalmente da industria aínda que tamén dispón de núcleos de poboación dedicados á agricultura e á gandería.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes e a mina de carbón que a fornece. A central térmica é a mais grande de España, e a súa cheminea, con 356 metros de altura, é a construción mais alta de España, e figura no Libro Guinness dos Récords como a cheminea máis voluminosa do mundo. Ten unha potencia de 1400 megavatios. Actualmente está en construción outra central eléctrica nova que usará o gas para producir electricidade (ciclo combinado de 800 megavatios). Ademais o concello conta con numerosos parques eólicos, contribuíndo definitivamente ao liderado que ten Galiza no Estado nesta tecnoloxía, e dous encoros. É un dos lugares con maior produción de enerxía a nivel mundial.

A segunda industria máis importante é a de transformados metálicos, iniciada nos anos 60 por Hermanos Formoso. Actualmente dedícanse a esta actividade máis de dez empresas locais.

O concello conta con tres parques industriais onde se asentan outras moitas empresas, como Einsa ou Galparket.

Nas Pontes de García Rodríguez ten importancia a explotación gandeira sendo o seu leite empregado, entre outros destinos, na empresa Queserías del Eume.

Son tamén importantes os seus recursos forestais para a industria madeireira e papeleira. Estase a estudar a posibilidade de usar os residuos forestais como biomasa, o que contribuiría a aumentar a xa de por si alta produción enerxética local.

[editar] Clima

O clima das Pontes é un clima oceánico húmido, con certas características de clima continental nos vales e de clima de montaña nas alturas da Serra. A temperatura media anual da vila é de 12 ºC. En xaneiro é de 6,6 ºC, con máximas de 21 ºC e mínimas de 0 ºC, mentres que en agosto acada os 17,3 ºC, con máximas de 37 ºC e mínimas de 9 ºC.

O concello das Pontes rexistra unhas precipitacións anuais de 1.800 l/m². O mes de decembro adoita ser o máis chuvioso, podendo producirse en xaneiro e febreiro xeadas e precipitacións en forma de neve.

[editar] Cultura

[editar] Festas

As festas da Virxe do Carme celébranse tódolos 16 de xullo dende 1741. Especial relevancia na festa ten a procesión nocturna que o sábado de festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe ata a Igrexa, capela á que regresa o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral.

A romaría da Fraga ten lugar o 23, 24 e 25 de xullo, e comezou a celebrarse en 1904. Na orixe consistía na xuntanza da xente do pobo para merendar á beira do río Eume e celebrar o día de Santiago. Actualmente os veciños de As Pontes confeccionan casetas artesanalmente con madeira e pólas de árbores onde fan vida durante os tres días que dura a festa. Á festa acompáñalle o festival de música rock e hip hop "Nabiza Rock" que adoita ter lugar o día 23, e o festival de música folk que se celebra o día 24. Nos últimos anos esta festa pasou a estar considerada de interese turístico nacional.

A feira do Grelo é unha festa gastronómica que ten lugar o domingo de entroido. Naceu en 1981 para potenciar a agricultura local.

A feira de Fungos e Cogomelos realízase ao longo dunha semana en novembro e recolle diversos actos como a degustación de pratos e diversos concursos.[4]

[editar] Galería de Imaxes

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Pontes de García Rodríguez

O Aparral (Santa María) | Bermui (Santiago) | O Deveso (Santa María) | Espiñaredo (Santa María) | A Faeira (San Pedro) | O Freixo (San Xoán) | Goente (San Martiño) | As Pontes de García Rodríguez (Santa María) | Ribadeume (Santa María) | San Pedro de Eume (San Pedro) | Seoane (San Xoán) | Somede (San Mamede) | Vilavella (Santa María)

[editar] Lugares das Pontes de García Rodríguez

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Pontes de García Rodríguez vexa: Lugares das Pontes de García Rodríguez.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca do Eume Comarca do Eume
Cabanas
Cabanas
A Capela
A Capela
Monfero
Monfero
Pontedeume
Pontedeume
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas